Lentellas viúvas

Esta semana temos unha receita post-Entroido, que en realidade vale para calquera época do ano: potaxe de lentellas con verduras e “calabizos”. Cada vez máis populares, os calabizos son un embutido vegano a base de cabacú e fabricado en Nigrán. Están dispoñibles en versión picante ou doce, podedes consultar os puntos de venda na súa web .

O nome de lentellas viúvas sempre me sonou un pouco raro, e despois de preguntar en Twitter chegáronme variantes como “lentellas pobres” ou “espidas”. En todo caso, un prato san e lixeiro que fai moi avío 😉 Se vos apetece probar outra receita de lentellas, botádelle un ollo a este gorentoso hummus.

Ingredientes (para 5-6 racións)

4 culleres aceite de oliva, máis un pouco para fritir os calabizos
1 cebola
2 dentes de allo
3 cenouras medianas
2 patacas medianas
300 gr. de lentellas tipo pardina
2 follas de loureiro
3 calabizos, doces ou picantes
Dúas culleriñas de sal
Un belisco de comiño, opcional
1300 ml de auga

  1. Pelamos e picamos a cebola e os dentes de allo.
  2. Poñemos o aceite a quecer nunha pota grande.
  3. Fritimos a lume medio 5 min, mentres pelamos e cortamos as cenouras e as patacas en anacos de 3 cm de grosor, aprox
  4. Botamolos Deixamos 10 min
  5. Engadimos as lentellas e a auga, con sal e dúas follas de loureiro.
  6. Cocemos a lume medio-alto durante 45 minutos. Comprobamos a textura e o punto de sal. Se están duras, deixámolas 5 ou 10 minutos máis.
  7. Pódense comer ao momento, pero estarán moito máis ricas ao día seguinte. Pódense gardar no frigorífico 3 ou 4 días, ou conxelar racións quitándolle a pataca.

Que aproveite!

Un comentario en “Lentellas viúvas”

Deixa una resposta a Esteban Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *