Ola! Benvid@ a esta humilde páxina de receitas e gastronomía. Estaba pensado en escribilo en terceira persoa pero quedaba un pouco raro: Chámome Xiana, son de Ourense e na actualidade resido en Madrid. Son deseñadora de profesión e unha das miñas aficións e comer e fedellar na cociña. Aquí atoparedes artigos sobre comida, viaxes, trucos e receitas. Podedes atoparme tamén en Instagram, no Twitter e por email, neste enderezo: queroxamon@gmail.com
Un pracer descubrirte. Parabéns polo delicioso blog!
Bo día, chámome Cristóbal é son publicista. Son responsable de comunicación de Aceites Abril e nos gustaría convidarte á presentación do primeiro aceite de oliva 100% galego de esta empresa ourensá.
Por favor, indícanos unha dirección de correo electrónico para enviar o convite e os horarios dos días 26, 27 e 28 de novembro.
Grazas pola atención.
Saúdos
Ola Cristóbal! Moitas grazas pola invitación! Non vou estar en Ourense neses días, deséxovos moita sorte co voso proxecto 🙂 Se no futuro me queredes volver contactar, esta é o enderezo de email: queroxamon@gmail.com
Un saúdo!
Está xenial o blog! Eu por que non sei cociñar…que se non… Solo de ver as fotos e as receitas xa lle entra a fame a un… 🙂
Ola Fano! O cociñar e o rascar…todo é comezar! 😀 Graciñas polo comentario!
Ola, acabo de descubir o teu blog que está xenial. Encántame atopar un blog de receitas en galego. Volverei a visitarte. Saúdos
Ola Raquel! A min encántame o teu, é todo un referente. Moitas grazas polo teu comentario e un saúdo!
Ola! Encántame as túas receitas, mesturas moito como a min me gusta, é unha das miñas aficións favoritas, comer jajaja. Enhoraboa! Teño o teu libro e xa fixen unhas cantas. que te vaia todo moi ben.
Un saúdo
Ola Patricia! Que ilusión me fai cando facedes as receitas Moitas grazas polo teu comentario!!