Hoxe traemos unha receita semellante aos moletes de trigo andaluces, que tan ben torran e agarran o tomate ou o que lle botes. Sei que os pans non sae a conta facelos na casa, económicamente falando, pero é moi divertido e sempre se pode experimentar con diferentes fariñas, contido de sal, etc.
O que fago eu e cortalos pola metade e conxelalos en canto enfríen, xa que non duran moito. Deste xeito, cando quero almorzar, poñoos na torradora e en 5 min teño para facer pan con tomate ou un pequeño bocadillo de tortilla francesa. Están DELICIOSOS.
Ingredientes para 4 pezas
300 gr de fariña de panadeiro, máis unha boa presa para o amasado
175 ml de auga morna
12 gr de fermento fresco
Media culleriña de sal
Unha culler de aceite de oliva
Papel de forno
- Disolvemos o fermento na auga morna, deixamos repousar.
- Nun bol grande botamos a fariña e o sal, remexemos ben e facemos un oco no medio.
- Engadimos o aceite e a metade da auga, remexemos e botamos o resto da auga. Ten que despegarse lixeiramente das paredes do bol.
- Tapamos con pano de cociña e deixamolo fermentar nun lugar morno. O tempo varía segundo a casa e a estación, pero entre unha e dúas horas deberían ser de abondo para que duplique o seu tamaño.
- Estendemos fariña no mesado
- Coa axuda dun utensilio de siliconadespegamos a masa do bol e botámola encima da fariña.
- Botamos fariña nas mans e amasamos durante 5 minutos. Se se pega moito, engadimos máis fariña.
- Cando teñamos unha bola feita, cortamola en catro partes iguais cun coitelo ben afilado e rebozado de fariña.
- Amasamos levemente cos dedos cada parte: ca man oca xirámolos varias veces sobre si mesmos, ata que collan forma redonda.
- Cubrimos a bandexa do forno con papel, e colocamos as bolas separadas entre si, a 5 cm.
- Tapamolo cun pano e facemos a segunda fermentación unha ou dúas horas máis, ata que dobren de tamaño, máis o menos.
- Se queredes que queden un pouco máis compactos, molládeos por riba ca man humedecida.
- Prequecemos o forno a 200 graos
- Cocemos durante 20 minutos a altura media, e despois 7-8 minutos nun nivel máis arriba.