Os risottos son uns pratos que me gustan moito, e penso que non son tan populares como deberían. Pode ser que sexa porque moita xente pensa que é difícil, pero non é o caso, como xa demostramos con esta receita de risotto queixo e viño branco. Como tantas outras receitas, só precisa un chisco de paciencia.
Para facelos é recomendable usar un arroz especial, das variedades Arborio ou Carnaroli, podense atopar fácilmente en tendas a granel e grandes superficies. Son arroces de gran pequecho e que soltan moito almidón, o que contribúe á textura cremosa. Se non podedes compralo, usade un arroz normal de gran redondo, dos de paella ou arroz con leite.
Ingredientes (para 3 ou 4 racións)
250 gr de arroz arborio (ou arroz redondo)
Un litro de caldo de verduras
2 pementos vermellos
70 gr. de queixo rulo de cabra
Un allo porro grandeiro
Un dente de allo
4 culleres de aceite de oliva virxe
Media culleriña de tomiño
Unha semente de caiena (opcional)
Dous beliscos de sal
- Nunha tixola moi grande, ou nunha pota de base grande, quecemos o aceite de oliva e botamos o allo porro cortado moi finiño e os pementos cortados en dadiños pequenos. Cocemos a lume medio ata que comecen a estar translúcidos.
- Botamos o arroz e remexemos cunha culler de pau ata que comece a estar translúcido tamén. Engadimos o sal e o tomiño (e a caiena, se procede).
- Engadimos 200 ml de caldo e remexemos ben ca culler de pau. Cando absorba o líquido, engadimos máis.
- Repetirmos a operación ata que non quede caldo: levará uns 20-25 minutos.
- Apagamos o lume e botamos o queixo en faragullas, remexendo ben.
- Servímolo quente.
Que aproveite!
2 comentarios en “Risotto de pemento e queixo de cabra”