Como presta facer risotto e tomalo de cea ou ao día seguinte! Con esta sinxelísima receita quedavos un delicioso. Se queredes experimentar, mirade tamén este de queixo de cabra ou este de queixo parmesano e viño branco (un dos nosos grandes ghits!)
Ingredientes (para 4 racións)
250 gr. de risotto
1 litro de caldo de peixe
200 gr de gambas (ou lagostinos, faragullas de peixe, etc.)
1 allo porro
10 ou 12 tomatiños cherry
100 gr. de manteiga
4 culleres de aceite de oliva
Dous beliscos de aneto
Queixo parmensano relado (opcional)
Sal
- Lavamos e cortamos o allo porro. Usamos só a parte branca, facendo rodas moi finas.
- Cortamos os tomates cherry pola metade.
- Nunha tixola, quecemos o aceite de oliva e botamos o porro e os tomatiños. Refogamos a lume medio ata que estean brandos. Botamos o sal e o aneto.
- Engadimos o arroz e remexemos, sempre a lume medio, ata que comece a estar traslúcido.
- Engadimos 200 ml. de caldo e remexemos cunha culler de pau ata que case non quede líquido.
- Repetimos a operación ata que non quede caldo. Sempre a lume medio.
- Apagamos o lume e botamos a manteiga cortada en anacos, remexendo ben para que derreta.
- Servimos quente, cun pouco de queixo relado.
Que vos parece?
