Unha torta que, contra o que pode parecer, non é moi doce, e resulta ideal para o verán. A súa dificultade é mínima, só cómpre un molde desmontable, así que se tendes festas ou aniversarios, facédea e quedaredes como reis/raíñas 😉
Ingredientes:
Para a base
300 gr. de galletas tipo Digestive
70 gr. de manteiga
1 culler de cacao en pó
Para a crema
1 bote pequeno de leite condensado
2 limas
300ml de “crème fraîche”, dispoñible na sección de lácteos
Dúas onzas de chocolate negro
- Nun bol profundo, rompemos as galletas o máis que poidamos, botamos a manteiga morna e o cacao e máis unhas pingas de auga. Batemos coa batidora con coidado (sen apretar moito) ata que sexa unha pasta de textura areosa.
- Estendemos a pasta no molde, procurando que quede lisa e sen bultos. Metemos no frigorífico.
- Raiamos a casca das limas e gardámola nunha taciña tapada con film para despois.
- Noutro bol, botamos o leite condensado e o zume das limas. Batemos. Despois engadimos a crème fraîche e seguimos batendo ata que sexa unha pasta homoxénea.
- Vertemos con coidado por riba da pasta base, estendendo para que quede liso. Deixámolo repousar un mínimo de catro horas no frigorífico.
- Antes de servir, esparexer a raiadura de lima por riba e engadir tamén raspiñas do chocolate negro. Sendo unha torta tán pálida, faráa destacar moito máis.
No caso de que sobre, durará tres ou catro días no frigorífico. Que aproveite!
Un comentario en “Torta fría de lima”