Os arancini son unha receita típica de Italia que, igual que as croquetas, serve para aproveitar as sobras do risotto. Chamánse así porque asemellan pequenas laranxas, o tamaño e forma varía nas diferentes rexións italianas: en Sicilia son máis grandes e picudos, mentres que na península son pequeniños. Este é o tamaño que imos usar nesta receita, porque é máis doado fritilos así.
O recheo pode variar, se por algunha razón estrañísima non vos gusta o lacón e o queixo, podedes probar chícharos, espinacas, carne picada, etc. A miña receita é unha variación desta, que leva cordeiro.
Ingredientes
25 gr. de manteiga
200 gr de arroz redondo
600ml de caldo de polo
1 culler e media de aceite de oliva
1 cebola grande, cortada en anacos moi pequenos
2 dentes de allo, pelados e esmagados
150 gramos de lacón cocido
100 gr de queixo brie, de Arzúa, calquera que sexa suave
2 ovos batidos
100gr de pan raiado
50gr de fariña, para rebozar
1 culler de tomiño
Sal e pementa
Aceite de xirasol, para fritir
- Derretir a manteiga nunha tixola. Botar o arroz, e cano quente, engadir 100ml de caldo. Ferver durante dous minutos ata que o arroz absorva o caldo e repetir a operación ata acabar o líquido (leva aproximadamente 40 minutos). Reservar.
- Quentar o aceite de oliva noutra tixola grande, botar a cebola e o allo e remexer. Cando a mestura estea branda, engadir o lacón co sal e a pementa e douralo.
- Quitar a meirande parte do aceite e verter o arroz do paso 1, xunto co tomiño, o queixo en dadiños e un chisco máis de pementa. Remexer cun pau e facer bolas cas mans, de aproximadamente 50 gramos cada unidade.
- Colocar a fariña, os ovos e o pan raiado en diferentes pratos. Rebozar primeiro coa fariña, logo cos ovos e finalmente co pan.
- Nunha tixola botar aceite de xirasol ata que haxa 0,5 cm de profudidade. Cando estea quente (facede a proba botando unha miguiña, debería dourar en 30-40 segundos) fritir as bolas tendo coidado que se se fagan por todos os lados.
- Colocar nun plato con papel de cociña por debaixo, para que chunche a graxa sobrante. Se os comedes de seguido estarán máis crocantes, pero se os deixades para o día seguinte, terán máis sabor 😉
2 comentarios en “Arancinis de lacón e queixo”