Aquí está a segunda parte do artigo máis lido do blog! Se coñecedes máis cervexas artesás, dade aviso nos comentarios, no Facebook, no twitter ou por mail á dirección queroxamon [@] gmail.com, que igual dá para unha terceira parte! Lembrade que haberá un festival de cervexas artesás en Ourense, a fin de semana do 21 de setembro
Keltius
Outra iniciativa artesá de Ourense, que conta con catro variedades fixas e tres estacionais:
- Viso: English Pale Ale con prominente sabor a malta, especialmente caramelo, pero cun lixeiero amargor e aroma propios dos lúpulos ingleses. Trátase dunha cerveza de 6º con carácter e corpo medio, pero o suficientemente dócil como para agradar á maioría dos padais.
- Mosteiro: É unha cervexa intensa de sabor e cor gracias á combinación de seis maltas. Ao estilo das cervexas belgas de abadía, atopamos toques doces, matices de froitos vermellos e certo retrogusto a alcol moi ben acoplado. Sabores intensos a chocolate e caramelo envoltan todo o padal. O seus 7,5º fana perfecta para degustar con calma e boa compañía.
- Miño: Cervexa estilo “Indian Pale Ale” elaborada con lúpulos galegos. Cunha base de Nugget en amargor e sabor, y o remate do Columbus no aroma. Moi refrescante e bebible, con corpo medio e 5,5º de gradación.
- Trasno: Golden Strong Ale ao estilo belga, de 8,5º. Lixeiramente doce e con retrogusto resinoso e sabor de lévedo, leva un toque de cilantro que a fai fresca e moi bebible.
- LedIPA – estacional: Como indica o seu nome, é unha cervexa de estilo “Indian Pale Ale” con 6,8º. O amargor del lúpulo, a pesares de ser intenso, vese ben compensado pola alta proporción de malta. Ademáis, leva xenxibre na súa receita, o que a fai refrescante, intensa de sabor e sobre todo de aroma.
- Parda: American Amber Ale de cor parda. No nariz nótanse os lúpulos americanos e toques de toffe, na boca resulta lixeiramente amarga e bien contrabalanceada ca presencia das maltas caramelo que lle dan un toque doce.
- Ulaq: Imperial Stout estilo americano, elaborada con café de Vietnam en grao e infusionado. Trátase dunha cervexa contundente e amarga (80 IBU), de corpo medio e 8,7º. Perfecta para unha fría tarde de inverno.
Están a piques de abrir un brew pub na rúa Bellao, número 2, estade atentos ao seu Facebook para saberes a data exacta.
Menduíña
Cervexa feita en Cangas do Morrazo, conta cos seis variedades:
- Loira (rye lager) : Elaborada con maltes pilsner, centeo, algas galegas e lévedo de baixa fermentación. Cor dourada brillante cunha suntuosa capa de escuma branca. Perfil maltoso, de corpo medio e redonda na boca. Sutil amargor de lúpulos nobres e final seco.
- Barda (pale ale): Cor cobre clara, burbulla pequena e carbonatación moderada. Perfil aromático, padal afroitado e largo final amargo aportado pola carga extra de lúpulos seleccionados.
- Duir (extra special bitter): Seductora cor vermella con coroa de escuma branca.
Pleno sabor a maltes doces balanceado inmediatamente despois con lúpulos aromáticos. Final seco e torrado. - Corma (stout): Cor escura con destellos rubí e persistente escuma cremosa. Perfil torrefacto con notas de cacao e café. Sedosa en boca, corpo cremoso e final amargo.
- Demo neghro (Imperial stout): Negra con reflexos caoba, coroada cunha escuma beige de duración media. En nariz predominan os aromas a cacao amargo, café e mel. Intensa, sabor a malte torrado cun punto afumado e licoroso. Destacada presenza de lúpulo que aporta un matiz herbal. Amargor medio – alto, final largo e seco.
- Beltán (summer ale): A única summer ale concebida para acompañar pratos galegos do mar. Dunha turbia cor ámbar clara, de fina burbulla e carbonatación media. Un chisco de loureiro achégalle un especial aroma e delicada entrada en boca.
A súa produción é limitada. Velaiquí un video no que nos amosan a súa elaboración
Elaborando Menduiña – Brewing Menduiña from Adegas Menduiña on Vimeo.
Peregrina
Cervexa feita en no polígono de Costa Vella en Compostela, na súa fábrica pódese observar o proceso de fabricación, que vai dende molturación da malta, pasando pola filtración, cocción, fermentación e embotellado. A cervexa chega ao público como un produto totalmente vivo, xa que unha vez embotellada segue facendo unha refermentación natural na botella. Ofrecen tres variedades: Peregrina, Peregrina Morena (tostada) e Peregrina Premium (escura), todas elas feitas con augua 100% de Galicia, malta 100% de cebada e lúpulo.
Dispoñen dunha zona de degustación e venda directa, o horario de verán é os xoves e vernes a apartires das 18:30.
Píntega
Cervexa caseira feita en Lugo, non se comercializa de xeito oficial pero pódese atopar os martes de 17:00 a 20:00 na praza municipal de Lugo no @mercado da terra. Os produtores da Píntega comezaron a elaborar cervexa hai cinco anos e están traballando para ter unha planta de producción estable nunha casa de aldea na Fonsagrada.
A variedade que elaboran é a blanca belga. Últimamente tamén están experimentando co uso da castaña como ingrediente e comezaron a elaborar unha “tostada” belga. A partires de setembro ou outubro, comezarán a acordar con bares e asociacións de Lugo datas para impartir catas e cursos de elaboración, para máis información consultade a súa páxina de Facebook.
Samargal
Dende o ano 2005 Anxo e Quique eleboran esta cervexa en Barro (Pontevedra). É unha empresa familiar que aposta pola calidade e non pola cantidade. Dende comenzo do ano 2011 elaboran 1.000 litros de cervexa artesá semanais, utilizando materias primas de Baviera e Republica Checa (as maltas) e de Reino Unido e Eslovenia (os lúpulos). O principal obxectivo de Saramagal de cara o ano 2012 era duplicar a producción.
- Stipe: tipo Indian Pale Ale (IPA). Feita con tres clases de lúpulos que lle dan un carácter agresivo e unha grande personalidade, o que a fai unha cervexa “para cerveixeros”. De cor ambar escura con destellos de mel, ten aroma de cereais crudos, as maltas utilizadas aportanlle un sabor a biscoito e un toque final torrefacto.
- Inmaculate: tipo Ale rubia estilo belga. Cor pálida, con desprendemento constante de burbullas, ten un carácter suave e doce de malta pilsen. Mostra un sutil carácter cítrico.
- tHe PyLoN: rubia de trigo: entre as maltas utilizadas para producir esta cervexa rubia incorpóranse a malta pale e tamén malta de trigo. De carácter suave e doce, o suave carácter alcohólico faise evidente no retrogusto, o amargor medio é moi moderado debido a las tres clases de lúpulos utilizados. De carbonatación alta.
Aquí podedes consultar un listado de puntos de venda: http://www.saramagal.es/donde-beber-saramagal/
San Amaro
EDITADO: Esta marca de Redondela produce a súa cervexa en Bélxica. Comercializa tres variedades distintas, dispoñibles en moitos supermercados e bares como O Bandullo, en Ourense:
- San Amaro Pale Ale: De alta fermentación ou fermentación tipo “Ale” esta cervexa faise con maltas de color claro, tipo “Pale”. É unha cervexa fresca, lixeira e lupulada.
- San Amaro Dark Ale: De fermentación alta tipo “Ale”, o seu inconfundible carácter está dominado pola intensidade de la malta torrada. Cor oscura e avermellada.
- San Amaro Navidad: Varía cada Nadal, estade atentos á de este ano!
Tamén ofrecen un servizo de venda online: http://www.cervezasanamaro.es/spa/nuestras_cervezas.php
Se queredes máis información:
Asociación Galega de Cerveixeiros Artesáns