Xa estamos en xullo e é tempo de sopas frías. Desta vez probamos un prato cunha leve inspiracion grega, a verdade é que non sei se é algo que se come alí normalmente ou non… pero está moi boa e refresca moitísimo. Coma outras sopas, está mellor se a deixades repusar dun día para outro.
Eu fíxena bastante espesa, pero se queredes que quede máis fina, engadide máis auga e xa está 😉
Ingredientes (para 2 ou 3 racións)
3 cogombros
1 iogur grego
5 culleres de aceite de oliva virxe extra, máis un chisco para a decoración
1 culleriña de ourego
Sal (botar pouco e logo ir corrixindo)
- Quitámoslle a codia aos cogombros e partímolos en rodas dun centímetro, aproximadamente.
- Na trituradora ou no bol da batedora ponemos os cogombros e o resto dos ingredientes. Trituramos ata facer unha pasta homoxénea. Deixamos repousar na neveira durante dúas horas.
- Servimos nun prato decorando cunhas pingas de aceite, como acompañamento podemos empregar pavo (coma na foto), salmón afumado, picatostes ou xamón!
Que aproveite!
Si que é moi consumido alá. Cando visitei Atenas tomábamolo todos os días para almorzar (con eneldo no canto de ourego) e está boísimo.
Acabo de atoparvos e creo que xa tedes unha seguidora máis, noraboa pola páxina!
Ola Eva! Alédome de que che guste a páxina, moitas grazas polo teu comentario! A sopa foi un éxito na miña casa este verán, e faise ben rápido 😀