Chegou a primeira receita de peixe do blog! Se vos pasa coma a min e tendes perguiza de cociñalo, apuntade isto, que é moi doado e sae ben bo.
Ingredientes (para 4 persoas):
1 quilo de pescada
1 cebola grande
3 patacas grandes
250 de cenouras
1 lata de chícharos
Medio vaso de viño branco
Sal e perexil
Aceite
- Pedide na peixaría a pescada sen espiñas. Daránvos dous lombos.
- Pelamos as patacas e cortámolas en láminas de entre 0,5 e cm de grosor. Fritimolas un chisco en aceite ata que douren polos dous lados. Reservar nun prato aparte.
- Prequentamos o forno a 170º.
- Sacamos o aceite da sartén e botamos a cenoura cortada en tiras e a cebola (cortada finiña tamén) na tixola.
- Nunha fonte, facer unha “cama” de patacas, cenoura, cebola e os chícharos escorridos. Colocamos a pescada por riba e engadimos dúas ou tres culleres de aceite de oliva, sal e perexil.
- Metemólo no forno e despois de 10 minutos, cando comece a secar por riba, botamos o viño branco. Deixamos cocer 10 minutos máis.
Que aproveite!
2 comentarios en “Pescada ao forno con viño branco”