Unha desas receitas accidentais: estaba a ler a receita de churrasco do libro de cociña de Álvaro Cunqueiro e dicía que levaba coñac (e un feixe de cousas máis que acabei por non usae na receita final ). Como na casa só tiña ron, probei e quedou moi rico. Podédelo acompañar de patacas tamén, pero a mazá dalle un punto acedo que lle queda moi ben.
Ingredientes (para catro persoas):
1 kilo e cuarto de churrasco (de vaca ou de porco)
3 mazás vermellas grandes
Zume de limón
Unha culler de azucre
50 milimitros de ron
3 culleres de aceite de oliva
Sal e pementa
- Prequentamos o formo a 200º
- Colocamos o churrasco nunha bandexa, botamos o aceite, a pementa e o sal.
- Metémolo no forno, e cando comece a estar torrado (20-30 min), vertemos o ron. Deixamólo media hora maís, ata que estea ben cocido.
- Para facer a compota de mazá, pelamos e picamos as mazas en anacos pequenos. Poñémolas a cocer nunha pota con medio vaso de auga, o zume de limón e o azucre. Remexemos de cando en vez ata que estean brandas.
- Cortamos o churrasco e servímolo coa compota

Que aproveite!
Maumarelaaaaaa! Iso pinta pero q moi moi ben. O lacón asado tamén queda xenial coa compota de mazá. Ńami!
Seguro que si! Tamén probei unha vez porco con ameixas, e estaba ben bo 🙂
PD: Desculpa a tardanza en aprobaren o teu comentario, teño posto un filtro para que non chegue o spam de bolsos de marca e viagras varias!