Sei que en galego o xeito “oficial” é aguacate. Pero, igual que os cacaués a palabra abacate gustame moito máis! Moi populares dun tempo a esta parte, os abacates son moi nutritivos e teñen propiedades antioxidantes. O truco é atopalos bos e que non haxa que pagar unha letra da hipoteca por eles (nesta ocasión só puiden cumprir o primeiro, ¬¬U). Nota: Se tendes a sorte de ter ovos de paspallás, é o momento perfecto para usalos (no canto dun de galiña).
Esta receita dalle un toque quentiño que presta moito no inverno, e se non vos gusta o touciño podedelo cambiar por queixo feta ou noces! Para ver máis pratos lixeiros, probade esta receita de ensalada grega de garavanzos, ou esta crema de batata e cenoura.
Ingredientes (para unha ración)
Un abacate
Un ovo grande
2 tiriñas de touciño (ou un anaco de queixo feta)
Un chisco de sal
- Quecemos o forno a 170º
- Pasamos o touciño pola tixola ata que quede crocante. Reservamos.
- Metemos o ovo nun vaso e pinchámolo cun garfo, sen bater.
- Abrimos o abacate en dúas metades e quitámoslle o óso. Cunha culler facemos o oco un pouco máis grande (reservamos a carne que sobre).
- Botámoslle sal ao abacate e enchémolo co ovo, sen que chegue e rebosar.
- Cocemos durante 15-20 min na parte superiori do forno, ata que ovo calle e o abacate teña pintiñas douradas.
- Decorámolo co touciño e o resto da carne.
Que aproveite!
Un comentario en “Abacates recheos ao forno”