Crema de cenoura e batata

Este ano o outono está a tardar moito, pero cando chege o frío, tende esta receita a man que vos ha facer moito avío 😉 É unha crema moi suave e saborosa, apta para vexetarianos e tamén para veganos!  Tendo en cota que a receita leva poucos ingredientes, o mellor aceite que lle podedes botar é un intenso, tipo cornicabra ou hojiblanca, estará aínda máis saborosa!

Para os que queirades facer cremas, botádelle un ollo a esta categoría. Tamén hai bastantes algunhas con batata (tamén coñecida coma boniato ou batata doce), que eu son moi fan, xa a fixen asada ou en rolos doces.

Ingredientes (para catro ou cinco racións)

2 batatas medianas

3 cenouras grandes, ou 4 medianas

1 porro grande

5 culleres de aceite de oliva virxe + un chisco para o final

Un belisco de sal

Unha culleriña de ourego (opcional)

  1. Cortamos a parte branca do porro en rodas dn centímetro.
  2. Nunha pota grande, notamos dúas culleres de aceite de oliva e sofritimos o porro nelas, a lume medio-baixo.
  3. Pelamos as cenouras e as batatas, cortámolas en anacos pequenos (2 ou 3 cm de grosor).
  4. Botámolas na pota xunto co sal e botamos auga ata cubriren todo o contido.
  5. Cocemos durante 30 minutos, ata que a batata estea ben branda.
  6. Deixamos arrefriar un pouco, engadimos o resto do aceite e batemos ca batedora ata que sexa unha crema homoxénea.
  7. Servimos decorada cunhas pingas de aceite e un pouco de ourego.

Que aproveite!

crema_cenoura_1

Un comentario en “Crema de cenoura e batata”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *