Unha desas receitas que xurde por necesidade: quería probar o típico queique de iogur versión avea. Total, que non tiña iogures e cambieno por unha combinación de leite e Maizena, e que resultado! Un queique lene e saboroso, apto para tomar todos os días: évos un pouco máis san que os normais e está ben bo.
Para facer a fariña de avea eu comprei os flocos e paseinos pola trituradura. Se facedes isto, podedes aproveitar para engadir unha presa de noces ou castañas, ao voso gusto.
Ingredientes (para 10-12 porcións)
4 ovos
125 ml de leite gordo
125 ml. de aceite de oliva virxe extra
200 gr. de fariña de avea
125 gr. de fariña triga
220 gr de azucre
Unha culler de Maizena
Dúas culleriñas rasas de fermento químico (tipo Royal)
Reladura de medio limón
Un belisco de sal
- Prequecemos o forno a 175º
- Nun bol grande, mesturamos os ovos, o leite e o aceite, batendo cas parte de variñas da batedora.
- Engadimos o azucre e seguimos batendo
- Engadimos a fariña aos poucos, a reladura de limón e o sal.
- Por último, botamos a Maizena e o fermento, e vertemos nun molde engraxado.
- Cocemos durante 35-40 minutos, ata que ao metermos un coitelo na masa, saia seco.
Que aproveite!!