Despois dunhas semanas de “dieta branda” , voltamos ca acarne ao blo, desta vez cunha combinación moi especial: polo guisado ao viño tinto. A verdade é que está moi bo, e como o polo évos tan agradecido, podedes cambiar o viño por cervexa ou incluso cola, que seguro ha quedar ben tamén. Só hai que ter en conta dúas cousas: canto mellor o viño, máis sabedeiro o guiso (non é plan de usar un carísimo, pero tampouco San Simón) e que estará máis bo ao día seguinte.
Se vos gusta a carne de polo, non deixedes de botarlle un ollo a esta receita de polo rebozado con mel, ou a esta de polo asado con laranxa
Ingredientes (para 4 racións)
4 coxas ou contracoxas de polo
80 gramos de manteiga
Unha cebola grandeira
100 ml de viño tinto
Sal e pementa negra
- Pelamos e cortamos a cebola en rodas finas, de 5 mm. aproximadamente.
- Poñemos unha pota grande a lume medio e derretemos a manteiga. Hai que ir con ollo porque a manteiga queima máis axiña ca o aceite, e entón non serviría.
- Douramos a cebola na mateiga durante 10 minutos, a lume medio.
- Botámoslle sal e pementa ás coxas de polo e pasámolas á pota para que douren. Cando estean dun lado, dámoslles a volta, que non quede ningunha parte crúa.
- Botamos o viño e deixamos quecer, sempre a lume medio, durante 20-30 minutos, dependendo do tamaño das pezas.
- Servimos acompañado de arroz, patacas, ou simplemente pan!
Que aproveite!
Un comentario en “Polo ao viño tinto”