Brioche rápido

Esta é unha desas receitas que dá moita perguiza facer porque parece que vai ser algo complicado e para nada. De feito, o ratio esforzo/resultado é inmellorable, o único que precisades é un pouco de planificación.

Os que me seguides en Instagram xa vistes que fixen probas antes, e unha das cousas que non me gustaban era que lle quedaba unha textura un pouco seca e un cheiro a fermento por debaixo do arrecendo do pan. A solución foi cambiar a fariña do súper por unha moída a pedra. Se podedes, preguntade na panadería ou nunha tenda a granel: a meirande parte do pan ben merece un ingrediente de máis calidade.

No meu libro hai outra receita de pan aromático, con mel! Pódedelo comprar aquí ou na vosa libraría de confianza 😉

Ingredientes (para dúas barras de 10 rebandas cada unha)

700 gr de fariña de forza, máis unha presa para amasar

80 gr de azucre

10 gr de sal (unha culleriña chea)

8 gr de lévedo seco de panadería (ou 25 do fresco da sección de refrixerados)

125 ml de leite gordo (enteiro)

80 gr de manteiga do tempo, máis un chisco para engraxar os moldes.

2 ovos

425 ml de auga morna

  1. Disolvemos o fermento na auga.
  2. Mesturamos os ingredientes secos nun bol e os “húmidos” noutro.
  3. Coa axuda dunha espátula, botamos os húmidos no bol dos secos, e remexemos ata formaren unha pasta homoxénea.
  4. Tapamos o bol cun film transparente e deixamos repousar dúas horas a temperatura ambiente. Tamén podemos deixar na neveira entre 12 e 18 horas e acabar ao día seguinte (o que adoito facer eu).
  5. Botamos fariña no mesado e despegamos a masa do bol coa axuda dun garfo. Engadimos un pouco máis de fariña e amasamos cas mans durante 5 minutos. Se vedes que se pega moito, engadide máis fariña.
  6. Dividimos a masa en dous anacos o máis iguais que se poida e procedemos a amasar cada deste xeito: formamos un rectángulo, dobramos un terzo, outro terzo, xiramos 90º estiramos un pouco e volvemos doblar. Podedes ver mellor os pasos aquí e as fotos máis abaixo: A idea que que quede un bolo cos plegues da masa pola parte de abaixo. Se vedes que se forma algunha burbulla, pinchádela e xa está.
  7. Untamos dous moldes metálicos rectangulares cun pouco de manteiga e colcamos as bólas de masa ca parte lisa por riba.
  8. Deixamos repousar unha hora a temperatura ambiente.
  9. Prequecemos o forno a 190º
  10. Cocemos durante 35-40 minutos, ou ata que estea marrón claro por riba.
  11. Deixamos arrefríar os moldes, desmoldamos e esperamos media hora para cortar as rebandas.

Este pan é unha marabilla para torrar e facer sandwiches, debaixo tendes un exemplo dun que fixen con tortilla francesa e queixo de cabra. Esta receita é unha adaptación desta, aproveito para recomendavos a páxina e o Instagram de “Alexandra cooks”.

Unha das metades da masa
Dobraxe dun terzo
Outro terzo dobrado
Vista da bola acabada
Vista lateral da bola acabada
Recén sacados do forno
Repousando
Primeira rebanda feita
O sandwich escandaloso con tortilla e queixo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *