Mousse de chocolate branco, pistacho e framboesa

Esta semana traenos unha sobremesa para levantar o ánimo, que ademáis de estar deliciosa, non costa moito de facer. As combinacións que admite son moitas: améndoa, amorodos, abelás, amoras, etc. pero a de pistacho picado e framboesa para min é dificil de superar. As cantidades da garnición dependen un pouco de vós, eu puxen para que quede coma na foto.

A ter en conta: a nata para bater ha de estar moi fría, de levar a lo menos unha noite no frigorífico. Ao batela, hai que facelo sempre na mesma dirección, incorporando o que hai nos bordes cara o centro.

Se queredes probar otras mousses (mousss? non sei o plural disto), botádelle un ollo a esta de manga e chocolate negro ou esta de limón.

Ingredientes (6-8 porcións)

180 de chocolate branco en anacos. (Véndeno en “pingas” no Lidl e semellantes, o que vos dea menos perguiza)

200 ml de nata para bater, a de 35% MG

Un belisco de sal

16 framboesas

50 gr. de pistachos, pelados e moídos

  • Nun bol grande derretemos o chocolate branco no microondas a temperatura baixa. Se non tendes micro, podédelo facer ao baño maría. Botamos o sal, remexemos ben e deixamos repousar 2 minutos.
  • Noutro bol batemos a nata fría ata que estea firme.
  • Engadimos a metade da nata ao bol do paso 1 e mesturamos con conta, para que a nata conserve a súa textura e non “baixe”
  • Repetimos a operación e cando teña unha textura homoxenea repartimos en cuncas ou vasiños.
  • Deixamolo repousar no frigorífico dun día para outro.
  • Decoramos cas framboesas e o pistacho e a papar!

Que vos parece a receita? Tendes outras ideas para a decoración

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *