Cinco grandes hits do Lidl

Esta semana non escribín receita, pero veño cunhas recomendacións de produtos da marca blanca do Lidl. É un supermercado que me gusta moito porque ten cousas que son difíciles de atopar noutros, e ademáis xa non ten o ambiente ese “gris” e un pouco posapocalíptico que tiña hai 8 ou 10 anos. Resumindo, é un artigo de siareira, que a min non me pagan por isto: se alguén quere pagarme por escribir un artigo, que se poña en contacto :).

Velaiquí as miñas suxerencias, cousas bastante básicas que se atopan en todos os Lidl, penso eu.

Taboulé oriental: Un clásico de cando non queres cociñar, especialmente en verán. Cun chisco de aceite extra está de vicio, e dá para varias porcións.

Iogur grego: é un cubo coma de pintura, pero cun litro de iogur. Perfecto para cando teñades convidados e queirades apañar unha sobremesa. Cun pouco de mel e unhas noces… listo! Haino en versión normal e lixeira, coma a da foto.

Gnocchi de patata refrixerados: están onda a pasta fresca e son dos gnocchi máis baratos que vin. Fan moito avío para cando queres facer algo de pasta, pero máis contundente.

Chocolate negro JD Gross: esta é unha marca propia do Lidl para o chocolate premium. É cousa fina, non vos digo máis. Podedes probar a facer este xeado de chocolate con el.

Foto de http://ariadnagarciabermudez.blogspot.com.es

Produtos asiáticos: vale, isto é un pouco trampa porque son moitos produtos, pero non sempre están todos. Hainos para facer receitas xaponesas (arroz de sushi, vinagre de arroz, sopiña de miso…), tailandesas e támen teñen curris e mollos agridoces tipo indio. Seguro que hai moitas opcións máis refinadas e auténticas, pero tendo en conta a dispoñibilidade e o prezo, estes produtos son moi xeitosos para os principiantes en receitas orientais.

E a vos, que produtos vos gustan? Deixade as suxestións nos comentarios, ou no Twitter!

PD: Se vos interesa, tamén podedes pasarvos polo artigo sobre “Que comprar nos supermercados portugueses”.

3 comentarios en “Cinco grandes hits do Lidl”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *