Grandes hits de Portugal

A pesares de que ir pasar o día e comer nun restaurante no norte de Portugal e moi común, aínda hai xente que non foi ao supermercado alí, quedando sen descobrir moita cousa rica. Eu ía moito a Ponte da Lima ou a Braga a pasar o día, comprar panos e toallas, comer e ir ao super. Os meus pais son moi fans de Portugal, e estando en Ourense é moi doado. Se estades en Ferrol ou en Ribadeo non tanto, pero paga a pena ir un par ou tres de días e coñecer o Peneda-Gerês, ou ir ata Porto, cidade sempre recomendable.

Dende que hai euros o ticket da compra non sae barato coma antes, pero aínda así presta probar cousas distintas que non se dan atopado no Froiz ou no Gadis. Velaiquí a lista das miñas favoritas, das que probei, claro:

Leite chocolatado Agros

O mellor batido de chocolate EVER. Só se distribúe no norte, se vos gustan os batidos e dades con el, comprade varios paquetes porque é moi adictivo.

agros

 

Zumes Compal

Outro clásico. Custan un euro e son moito mellores que todas as marcas españolas que venden a ese prezo. Os meus favoritos son o de pexego, manga e o de pera da Rocha (ambrosía!) pero hai moitos sabores donde escoller.

 

compal1

Manteiga das Açores

É unha manteiga salgada e moi cremosa. Eu tomoa soa con pan, estña riquísima, pero tamén vai ben para botarlle a masas e biscoitos.

manteiga

 

Bolinhos de arroz

Estos é mellor compralos na pastelería, magdalenas feitas de fariña de arroz, cunha textura un pouco seca que as fai ideais para mollar. Recomendable tomalas con leite Agros, fan un tremendo combo.

bolinhos

Queixos variados

Aquí non vos podo dicir marcas porque hai moitas, os da foto probeinos e están moi bos. O tamaño é ideal para dúas racións (unha se tedes moita ansia) e así non hai risco de que queden resesos no frigorífico. Que tomen nota outros fabricantes!

queijo2 quejo

Paté de sardiña

A min gustame moito PERO é unha desas cousas cun sabor tan intenso que non hai termo medio: ou che encanta, ou quedas aborrecido. Imprescindible un bo pan para acompañar.

pate_de_sardinha

Molho piri-piri

Os portugueses levaron o invento de Mozambique e agora o prebe é un indispensable nas casas portuguesas. Piri piri quere dicir pementa en Swahili, o ingrediente principal son grans secos de pementa caiena, con pel de limón, allo, cebola, ourego e máis especias. Vai moi ben para adobar gambas ou polo ao forno, coma nesta receita

piri-piri

Vinho de Porto

Outro clásico das compras, as botellas que duran anos e anos na casa porque só se utiliza como viño de postre de cando en vez. Eu aínda non probei a facelas, pero hai receitas de carnes e postres que o usan, como esta de peras bébedas. A marca de abaixo no a probei porque é moi cara, pero hai para escoller vinhos de moitos prezos.

porto

Salame de chocolate

Mención especial para esta gran recomendación de Xabier Rolán que por algún motivo eu non descubrira, e son de dente doce 😀 Véndese na sección de refrixerados e leva anacos de galleta. Sabe parecido ás tortas de cumpreanos de galleta e chocolate, e ten unha textura densa. As 199 calorías son por roda, e no paquete veñen 9 ou 10…

salame1

E vós, que comprades? Sabedes de máis produtos? Dade aviso nos comentarios, no Facebook ou no Twitter!

Actualización: Esquecera o máis coñecido! Se ides a pastelería a polos bolinhos de arroz, non podedes marchar sen levar pasteis de nata, ou como lle chamaba eu antes: os queimadiños.

pasteis_de_nata

15 comentarios en “Grandes hits de Portugal”

  1. O salame de chocolate é a miña perdición. Como anéctoda, sobre o post, teño rodando (literalmente) unha lata de paté de sardinha polo piso, dos tempos no que a miña señora estivo de estancia de investigación en Aveiro (período no que namorou dos bolos de arroz).
    Convídote a que separes comida e bebida en diferentes post para vindeiras ocasións, xa que a variedade de refrescos e bebidas que teñen os portugueses é sinxelamente abraiante (comparadas coas nosas). Gosto moito do freeze limao 🙂
    Hei de buscar o leito chocolatado Agros cando volva a Chaves!

  2. Tiña pensado facer unha segunda parte, a verdade é que o de separar a comida e bebida é boa idea. A ver que atopo na seguinte visita 🙂

  3. A min gustábame uns zumes que se chaman Um bongo, fai pouco vin que os venderon brevemente en España, mais non triunfaron. A Fanta piña tampouco! Os de marketing deben de chorar cando lles din que teñen que introducir unha bebida nova no mercado español…que non sexa cervexa, claro.

  4. Pois aqui em Luxemburgo, graças aos portugueses (por volta dum quarto da população), também temos muita cousa boa nos supermercados. Por exemplo, no Cactus muitas vezes têm uma broa de milho boíssima. Também está o queixo Flor da Estrela (ou o Castelões, entre outros, embora do da Estrela seja o mais manteigoso). Há também sempre jurelo, sardinha, bacalhau, frequentemente, polvo, etc.). Têm a SuperBock, que não está nada mal.

    De facto, acho que há mais produtos portugueses “enxebres” no Luxemburgo do que produtos galegos nos supermercados da Galiza… Eu, por exemplo, nunca vim broa num supermercado galego e até em poucas padarias se encontra…

    1. Ola Miro,

      Graciñas polo comentario, non sabía que había tantos produtos portugueses alí!

      O que comentas dos produtos galegos nos supermercados é moi interesante, eu penso que é unha mestura de varios factores: os supers grandes queren volume e consistencia, e ás veces ás empresas pequenas non poden comprometerse a iso. Tamén que moita xente non valora as cousas da terra: pasa ás veces co viño, que cando hai que mercar un “bó” van ao Rioja. Acho que ámbalas dúas cousas están a mellorar e pouco a pouco hai máis onde escoller, de tódos os xeitos para cousas coma a broa é máis doado ir a un mercado ou a unha feira que ir buscar ao supermercado…

  5. Gostei muito de ler estas recomendações. Sou portuguesa, a viver na Galiza, e toda a vida bebi compal e leite agros, etc.. É curioso ver o valor que dás às coisas quando não as tens por habituais 😀

    1. Ola Ana! é verdade 🙂 A min pasoume cos grelos agora ao tempo de vivir fóra. Nunca se sabe o que se ha botar de menos! Un saúdo, e grazas polo teu comentario

  6. Eu merco habitualmente nos super portugueses, porque ando moito por aló e máis que nada eu aproveito pra mercar viños, dos que sou entusiasta por ser moi bos e ter un prezo excelente pra súa calidade como, por exemplo, os tintos do Alentejo e os brancos Dao e Douro.

    1. Ola Lois! Graciñas polo comentario. Eu compraría máis, pero non vou tanto coma me gustaría. Teño un tinto do Douro para probar na casa, e xa me recomendaron moito os brancos, quedan para a vindeira vez. Un saúdo!

Deixa una resposta a xamon Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *