Se non sodes moi amigos dos queiques doces, este é o voso! Foi un dos primeiros que fixen usando papel de forno cubrindo o molde, e non podo estar máis contenta co resultado: queda máis hidratado e esponxoso e dura máis!
Respecto ao sabor, si qué é un pouco doce, pero ten un punto neutro que fai que vaia ben con aceite de oliva ou con manteiga, non sei se me estou a explicar. En todo caso, está boísimo e seguro que o comedes nun par de días 😉
Esta receita é unha versión simplificada desta, se queredes máis queiques sinxelos, botádelle un ollo a este de mazá e canela, ou a este de plátano, cacau e avea.
Ingredientes (para un molde de 21x 11 cm, 8 ou 10 porcións)
200 gr de azucre, máis un chisco para a costra
220 gr de fariña
Dúas culleriñas rasas de fermento químico
Unha culleriña rasa de sal
Un yogur grego
120 gr de tahini
125 gr de aceite de girasol, e un pouco para o molde
Dous ovos grandeiros
2 culleres de sésamo negro, máis un chisco para decorar.
Unha presa de sésamo branco para decoraren (opcional)
- Quecemos o forno a 175º, por riba e por baixo
- Mollamos un paño de papel cun pouco de aceite, untamos a parte interior do molde, colocamos o papel de forno e volvemos untar.
- Esparexemos un pouco de azucre e sésamo no interior do molde, movéndoo para repartilo ben.
- Nun bol grande, batemos os ovos e o azucre, ata que fiquen pálidos, e engadimos o iogurte e o tahini. Ao principio parece que non liga, pero hai que agardar un pouco.
- Engadimos a fariña aos poucos mentres seguimos batendo.
- Botamos o sal e o fermento químico.
- Vertemos 3/4 da masa no molde
- Trituramos o sésamo negro nun morteiro ou moedor.
- Endadimos a pasta ao 1/4 de masa do bol e mesuramos.
- Botamos por roba e remetemos un pouco cun coitelo fino.
- Engadimos una capa fina de azucre e botamos o sésamo ao gusto de cada un.
- Cocemos no forno durante 50 minutos, aproximadamente, ata que ao meter un coitelo limpo saia seco.
- Deixamos arrefriar e desmoldamos co papel incluido, axudará a que se conserve mellor. Aguanta 3 ou 4 días a temperatura ambiente, co papel e tapado cunha rolla.
Que boísima pinta!!