Pementos verdes asados

E diredes: que ciencia ten asar uns pementos? Pois resulta que bastante, porque acabei rachando un molde de Pirex 😀 Agora en serio, esta receita fai moito avío para ter uns pementos suaves e cheos de sabor listos para usar como guarnición ou nos bocadillos.

Ingredientes

4 pementos verdes italianos

Dúas culleres de aceite de oliva

Sal ao gusto

75 ml de auga morna

Quecemos o forno a 180º

  • Untamos os pementos con aceite de oliva. O ideal é ter un pincel, se non, axudádevos cun pano de papel, para que o aceite queder repartido uniformemente.
  • Colocamos os pementos no molde e metemos no forno a altura media. Cando comecen a churruscar (aproximadamente 20 minutos) engadimos a auga aos poucos e seguimos cocendo.
  • Cando volvan estar churruscando, dámoslles a volta e deixámolos cocer ata que non quede auga. Así quedarán ben brandiños e con todo o sabor. O proceso debería durar uns 50 minutos, aproximadamente.
  • Se queredes, quitádelles a pel. Eu prefiroos con ela.
  • Pódense comer no momento ou gardar nun recipiente durante 3 ou 4 días.
  • Que aproveite!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *