Galletas crocantes de cacaué

Unha das cousas que máis me gustan é mesturar salgado e doce, coma nesta receita. Estas galletas saen riquísimas, e van moi ben cun café con leite ou incluso acompañando a un xeado. Hai dúas cousas a ten en conta: se cambiades o unto por manteiga non van quedar tan crocantes, e os cacaués teñen que ser dos que veñen torrados e salgados, os de casca para pelares non valen (quedaría con moito menos sabor.

Se non vos convence este sabor, ou queredes probar cousas diferentes, pasádevos pola receita de galletas de arandos ou por esta das clásicas cookies de chocolate.

Ingredientes (para 24-28 unidades)

75 gramos de azucre moreno, máis un pouco para a cobertura.

100 gr de manteiga a temperatura ambiente

50 gr de unto de porco, a temperatura ambiente

175 de fariña de trigo

125 de cacaués salgados

Unha culleriña de fermento químico

Un ovo grandeiro

Unha culler de extracto de vainilla

Utensilios: batedora con triturador e variñas, papel de forno, espátula.

  1. Prequentar o forno a 190º.
  2. Nun bol grande, mesturar ca baterdora (cas variñas) o azucre, a manteiga, o unto, o ovo e o extracto de vainilla. Non cómpre darlle moitas voltas, con que quede mesturado vale ben.
  3. Engadimos a fariña e os cacahues. Ainda que pareza que queda moi espeso, é o propio desta masa.
  4. Poñemos o papel na bandexa do forno.
  5. Con dúas culleriñas, poñemos boliñas de masa, a unha distancia de 5 cm. Caberán 12 por quenda, máis ou menos. Neste punto pódense deixar como están e quedarán co centro máis tenro e os bordes crocantes (ver foto). Se queredes que queden crocantes de todo hai que aplastalas cunha espátula, e redondear os bordes para que non queden “pinchos” coma os desta foto (foi a quenda menos crocante):
  6. Botamos un pouco de azucre por riba e cocemos no forno durante 8-10 minutos. Lembrade que as galletas seguen a cocer un pouco ao sacalas, entón non pasa nada porque estean un pouco menos feitas na parte central.
  7. Deixamos arrefriar e gardámolas nun recipiente, estarán boas durante varios días. Son estupendas para acompañar o café ou unhas bolas de xeado de vainilla ou chocolate.

Cales son as vosas galletas favoritas? Que vos parece esta combinación doce/salgado?

 

 

Un comentario en “Galletas crocantes de cacaué”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *