Esta receita saiu procurando facer unhas galletas que fosen máis secas que as cookies, para mollar no café do almorzo. A gracia está en que non se usa batidora e hai que amasar cas mans: ao principio semella unha porcallada pero é bastante entretido e non tampouco leva moito rato.
Eu merquei os arandos secos no Mercadona, tamén podedes usar pasas, pexegos secos, noces, etc.
Ingredientes (para 20 galletas, aproximadamente):
250 gr. de fariña
90 gr de manteiga fría
90 gr. de azucre
75 gr. de arandos secos
100 ml. de leite frío
1 ovo
2 culleriñas de fermento químico (Royal e semellantes)
Media culleriña de canela (opcional)
- Tamizar a fariña e o fermento nun bol grande.
- Engadir a manteiga en añaquiños, e amasar cas mans ata que teña todo unha textura semellante ao queixo relado de bolsa.
- Prequentar o forno a 200º
- Botar o azucre e os arandos no bol, seguir amasando.
- Nun prato fondo, batir o ovo e a leite. Verter o líquido no bol e amasar (cas mans!) ata que quede unha masa homoxenea.
- Colocar papel de forno nunha bandexa, ou untala cun pouco de aceite, Cunha culleriña, facemos boliñas de masa, con coidado de que non estean moi xuntas para que non peguen.
- Baixar a temperatura do forno a 180º e cocer durante 12-15 minutos ou ata que douren. Se quedan un pouco brandas polo centro, non vos preocupedes, hanse de por duras ao enfriar!