Crema rubia de verduras

Esta semana temos unha crema de verduras, que xa hai tempo que non caía ningunha por aquí. O nome venlle da cor que ten, grazas aos pementos de Piquillo e ao tomate. Aproveito para recomendarvos este post de César Lorenzo que explica moi ben as distintas tonalidades de pelo en galego, e por extensión, o significado de rubio, moitas veces esquecido 😉

Esta crema ten un sabor moi suave, sen dúbida é moi boa opción para as ceas e primeiros pratos… Que vos parece a idea?

Ingredientes (para catro racións)

Unha cabaciña

Unha cebola

Un tomate maduro

120 gr. de pementos do Piquillo

3 culleres de puré de pataca en po

1 pastilla de caldo (de polo ou verduras, o que vos guste máis)

Un belisco de sal

Media culleriña de ourego

2 ou 3 culleres de aceite de oliva, máis un pouco para decorar

  1. Lavamos e pelamos as verduras. Se queredes pelar o tomate, mellor fervédeo 30 segundos en auga quente, desde xeito a pel será moi fácil de retirar.
  2. Cortamos a cabaciña en rodas de algo menos dun centímetro, o mesmo ca cebola. Cortamos o tomate en anacos e metémo todas as verduras frescas, a pastilla de caldo, o ourego e o sal nunha pota.
  3. Botámoslle auga ata cubrir as verduras, e deixamos cocer aproximadamente 20 minutos, ata que estea todo brando.
  4. Engadimos os pementos de Piquillo e e o aceite e batemos ca batedora ata conseguiren unha textura homoxenea. Se queda moi líquido, ide engadindo o puré de pataca;se vos gusta como está, entón non fai falla.
  5. Servimola quentiña, decorada cunhas pingas de aceite

Que aproveite!

crema_rubia1

Un comentario en “Crema rubia de verduras”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *