Pizza rápida de xamón e brócoli

Canto mais se cociña, máis se aprende a aroveitar ingredientes soltos que andan no frigorífico ou na despensa. A idea para esta pizza xurdiu de comer o brócoli que quedaba dun xeito mís apetitoso que cas patacas cocidas ou de guarnición, e o resultado foi delicioso… Se non tendes brócoli, probade a substituilo por acelgas, espinacas ou grelos, ha queda ben seguro!

O da pizza rápida, igual ca empanada, é un dicir, depende de con que o comparemos. Se é cunha pizza precociñada é moi lento, pero comparado a facer unha pizza con 24 horas de antelación para que fermente ben, entón si que parece rápido. Se vos dicidides a facer esta receita, contade unha hora e media de antelación para darlle tempo a levedar e preparar todos os ingredientes.

Ingredientes (para 3 ou 4 persoas)

300 gr. de fariña de forza, máis un chisco para amasar (para isto vale a triga normal)

200 ml de auga morna

20 gr. de fermento fresco

Media culleriña de sal

Unha culler de aceite de oliva

Para a cobertura

2 ou 3 culleres de mollo de tomate

Unha bola de mozzarella

2 ou 3 “pólas” de brócoli cocido

75 gr. de xamón serrano ou paletilla

Unha presa de queixo relado (tipo emmental, gouda, etc.)

Unha presa de cebola crocante (das que se usan para hot dogs, é opcional)

Un belisco de sal

  1. A masa de pizza é moi doada de facer: Nun bol  grande botamos a fariña e o sal, remexemos e facemos un oco no medio. Disolvemos o fermento na auga e metémolo no burato xunto co aceite.
  2. Remexemos cunha espátula ata formaren unha masa pegañenta pero que se separe das mans. Estendemos un pouco de fariña no mesado e amasamos. Colocamos a bola de volta no bol e tapamos cunha rolla ou film transparente.
  3. Deixamola estar nun sitio tépedo (a carón dun radiador, por exemplo) ata que doble o seu tamaño. Ha tardar unha hora, aproximadamente.
  4. Cortamos papel de forno para que teña a medida da bandexa e colocámolo no mesado. Estendemos a masa e ca axuda dun rodillo ou botella (ou cos dedos) facemos un rectángulo cun grosor máis ou menos homoxéneo.
  5. Prequentamos o forno a 250º
  6. Cortamos a mozarella en rodas finas, o brócoli en anaquiños pequenos e o xamón en tiras.
  7. Estendemos o mollo de tomate, colocamos a mozarella, o brócoli, o xamón, o queixo relado e a cebola, se a queredes. Que quede todo ben repartido, deixando unha marxe dun ou dous centímetros para que non desborde. Repartimos o sal por riba.
  8. Cocemola a altura media durante 15 minutos, ou ata que estea dourada polas beiras.

Que aproveite!

pizza-rapida-brocoli-3  pizza-rapida-brocoli1

9 comentarios en “Pizza rápida de xamón e brócoli”

    1. Moitas grazas polo teu comentario! Así dá gusto 🙂 Agardo que as vindeiras receitas che gusten tanto coma esta

  1. Tes que probar o brócoli cun toque de lima, parmesán relado e con algún froito seco(e se lle engades pemento vermello picadiño e queixo salgado tipo feta, dálle un toque). Moi fan do brócoli. Xenial esta receita.
    Apertas!

    1. Ola Sabela! A túa suxestión soa moi moi ben, vouna apuntar para facer no futuro. Eu descubrín o brócoli un pouco tarde na vida, pero agora tamén son fan! Unha aperta

    1. Ola Isabel! Moitas grazas polo teu comentario, é unha ledicia que deixedes as vosas opinións! Un saúdo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *