As albóndegas e as súas variantes son moi populares en case todas as partes do mundo, e non é de estrañar xa que son un prato moi agradecido e que fai moito avío: pódense gardar no frigorífico durante varios días, e adminten unha grande variedade de complementos, xa publicamos hai tempo unha deliciosa versión con mostaza. Esta receita é para poucas unidades, se queredes podedes facer máis e conxelar a masa para fritilas noutra ocasión: tende conta porque se algún dos ingredientes estivo conxelado antes non é recomendable volvelo a conxelar xa que hai máis probabilidades de que colla bacterias non desexables.
Ingredientes (para 16 albóndegas, aprox.)
200 gr. de carne de vacún picada
80 gr. de xamón serrano en rebandas (lonchiñas)
1 ovo Media cebola, ben picada
80 ml. de leite gordo (enteiro)
2 culleres de pan relado, máis un prato del para rebozaren.
Aceite de xirasol para fritir
- Cortamos o xamón en anacos pequenos e botámolo nun bol.
- Engadimos o resto dos ingredientes e batemos cun garfo ata formar unha pasta homoxénea.
- Deixamos repousar no frigorífico un par de horas.
- Coas mans, facemos bolas algo máis grandes ca unha noz, e rebozámolas no pan relado.
- Quecemos o aceite nunha tixola grande. Podedes empregar tamén o de aceite de oliva, eu prefiro o de xirasol porque apenas deixa sabor.
- Fritimos as albóndigas ata que douren polas beiras e colocámolas nun prato cun papel de cociña para que chunche o exceso de aceite.
Servímolas con patacas fritidas, arroz con tomate, ou soas coma petisco antes doutro prato. Que aproveite!
Olaa! Compráceme avistarte de que nominamos o teu blogue aos Black Wolf Blogger Award. Na nosa páxina tes as instrucións para aceptar a nominación!
Un saúdo e noraboa!!