Cando era pequena alguén aprendeume que a pasta non se tomaba con peixe nen con marisco, e tardei moitos anos en superar esa manía, non sei por qué. A pasta vai ben con case calquera cousa! Eu non fixen a proba, mais penso que tamén saberá ben con croques ou mexillóns.
Esta receita é típica en italia, sobretodo na rexión de Nápoles: moi sinxela e bastante lixeira, fai moito avío como prato post-festas de Nadal 😀
Ingredientes (para 4 racións)
400 gr. de spaguetti
1 kilo de ameixas
150 ml. de viño branco seco
150 gr. de tomatiños cherry
1 dente de allo, picado
4 culleres de aceite de oliva
1 chile (opcional)
Sal, pementa ao gusto.
- Nunha pota botamos o viño e as ameixas. Co lume medio, tapamos a pota e deixamos que as ameixas abran co vapor do viño. Cando estean todas abertas, retiramos e deixamos enfriar un pouco.
- Botamos a cocer os spaghettis segundo as instruccións do fabricante.
- Escoamos o líquido do paso 1 tendo conta de que non quede area. Sacamos as ameixas das conchas, deixando algunha enteira para decorar.
- Nunha tixola grande quentamos o aceite e botamos: o allo, o sal, a pementa, os tomatiños abertos pola metade (e o chile, se vos gusta picante). Deixamos cocer 5 minutos e esmagamos os tomates cunha culler de pau para que solten a polpa. Engadimos as ameixas e o viño.
- Escoamos a pasta e botamola na tixola, remexendo ben.
- Colocamos a mestura no prato e decoramos cas ameixas enteiras.
Nota: Non fai falla botarlle queixo, o prato xa ten un sabor moi intenso de seu. Que aproveite!
Que boa pinta!!!!! 🙂
Están macanudos!