Algúns diredes: Para que vou facer palmeiras na casa se xa as venden na pastelería? Pois porque están moito máis boas, quedan lixeiras e crocantes. E como arrecende a cociña despois… Mhhhhh
Esta é unha das receitas máis doadas que se publicaron no blog, en serio volo digo: non hai escusas para non probala! Só vale se non tendes forno, nese caso recoméndovos este artigo 😀
Ingredientes (para 15-18 palmeiriñas):
1 paquete de follado
3 culleres de marmelada de albaricoque
3 culleres de azucre de caña
Un feixe de améndoas laminadas (ao gusto de cada un)
2 culleres de leite enteiro
Utensilios:
Papel de forno
- Prequentamos o forno a 180º
- Sacamos o follado da neveira e deixamolo 5 minutos fóra.
- Estendémolo (se ten forma redonda, estiramos un chisco as beiras cunha botella chea, para que quede máis cadrado).
- Estendemos a marmelada uniformemente, sen que chege as beiras. Esparexemos o azucre e as améndoas.
- Comezamos a enroscar por un lado. Paramos ao chegar ao centro. Enroscamos o outro lado ata que queden os dous “rulos” pegados.
- Dámoslle a volta e pintamos co leite (para que douren mellor no forno).
- Cun coitelo facemos anacos dun centímetro de grosor, aproximadamente, Colocamolos na bandexa co papel facendo forma de “V”. Podemos engadir máis azucre e améndoas neste paso.
- Cocemos durante 10 minutos ou ata que estean ben dourados. Deixamos arrefriar e entón separámolas do papel.
Que aproveite!
Riquísimo todo lo que proponen ,inmejorable!!! felicitaciones a todos/as
¡Muchas gracias! 🙂
Mmmm… que pintaza!!!
Das mellores relacións esforzo/resultado 😀
Ñam! Probáchelas salgadas?
A receita pola que as descubrín leva queixo de cabra, tomates secos e aceitunas (http://www.spoonforkbacon.com/2013/04/sun-dried-tomato-olive-goat-cheese-palmiers/), pero ollo, que con béicon crocante tampouco está mala a cousa!
Parabéns polo teu blog! É un vicio 🙂
Ola Sabela! Nunca as probei salgadas, pero oira que con queixo cheddar polo medio quedan ben. O do bacon tampouco é mala idea! Dentro de dúas semanas publicarei unha receita de scones con mostaza e queixo, ao mellor interésache 😉
PD: O spoonforkbacon si que é un vicio!