Cous cous doce con te, dátiles e granada

Aquí vai unha alternativa para os que estades fartos do arroz con leite, un cous cous moi cargadiño, que ten un sabor e unha historia moi especial. Igual que o polo con granada, é unha receita andalusí. Esta recuperouse faise relativamente pouco, ao mover unha mesa para redecorar un restaurante en Granada: cando o moble levou un golpe seco, abriuse un compartimento onde había un manuscrito con receitas antigas. A esta sobremesa chamáronlle o “prato das tres relixións” por seren apto para musulmáns, xudeus e cristiáns.

Ingredientes (para catro racións)
200 gr de cous cous
200 ml. de leite enteiro
1 granada
50 gr. de manteiga
1 culler de azucre
30 gr de dátiles en anacos (pódense cambiar por pasas)
Amendóas e avelás ao gusto (tamén valen noces ou piñóns)
Pel de medio limón ou de media laranxa
1 bolsiña de te clásico
Canela e azucre glas para decorar

  1. Lavar e cortar os dátiles en anacos pequenos. Deixar cinco ou dez minutos en auga para que abranden.
  2. Nunha pota poñemos o leite a ferver o azucre ca pel do limón e a bolsa de te durante cinco minutos.
  3. Cando o leite estea morno, retiramos a pel do limón e a bolsa de te.
  4. Engadimos o cous cous xunto ca manteiga derretida, remexemos e tapamos a pota. Remexemos de cando en vez  ata que os grans chunchen todo o líquido.
  5. Deixamos tapado o cous cous, colocando un pano entre a tapa e a pota para que manteña a humidade.
  6. Cando estea completamente cocido (ver instruccións do paquete) engadimos os grans da granada, os dátiles e os froitos secos: neste caso son avelás e noces, pero podedes botar tamén améndoas torradas, piñóns, etcprep2 prep1
  7. Remexemos cunha culler e servimolo a temperatura ambente, decorado cun chisco de azucre glas e canela moída.

cous1

Podedes ler a historia completa e a receita orixinal (que eu modifiquei un chisco ao meu gusto) neste artigo.

Que aproveite!

Un comentario en “Cous cous doce con te, dátiles e granada”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *