Batido de amorodos con chips de chocolate

…e plátanos e iogur, pero non quería facer o título moi longo porque logo non caibe. Esta é unha receita ben sinxela para apañar merendas de verán e faise en cinco minutos.

Ingredientes (para dous batidos):

1 plátano
8-10 amorodos
1 iogur de pexegos con anacos
Un vaso de leite enteiro
Dúas galletas de chocolate – tipo “Chips ahoy” ou “Príncipe”

  1. Picamos o plátano e os amorodos en botámolos no vaso da batidora.
  2. Engadimos a galleta, o leite e o iogur.
  3. Batimos todo ata que teña unha consistencia uniforme e teña burbulliñas pola parte de arriba.
  4. Servir.

batido2

Un consello: se comprades plátanos e amorodos demáis e non os dades comido, poden ir ao conxelador perfectamente para vindeiros batidos. Picádeos e envolvédeos en papel de prata procurando que os anacos queden estendidos e non fagan bóla.

2 comentarios en “Batido de amorodos con chips de chocolate”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *