Velaiquí unha reecita para os ultra-larpeiros: unha deliciosa torta de mousse con chocolate derretido, nata batida e aroma de café e crema de augardente. Unha explosión de sabor que de seguro ha triunfar nas comidas familiares ou aniversarios!
Como é unha desas cousas das que non se pode facer pouco, recoméndovos dúas cousas: ou facedes vasiños coma os de esta receita, ou vos asegurades de que vai haber moita xente para comela, xa que a enchenta pode ser boa!
Podedes substituir a crema de augardente por caña, licor café ou ron, ou deixalo sen alcol, tamén está bó! Na cobertura podedes usar cacao en pó, queda mellor se despois lle ides colocar unhas letras 🙂
Ingredientes (para 8 ou 10 racións)
500 ml. de nata para bater
250 gr de chocolate negro
3 claras de ovo
100 gr. de azucre (preferiblemente glass)
60 ml. de auga
20 ml de café soluble
6 láminas de xelatina neutra
60 ml de licor de augadente (opcional)
Améndoas laminadas ou cacao en po para decorar
Para a base
15 bolachas tipo Digestive
25 gr. de manteiga
3-4 culleres de leite
Hai que usar un molde desmontábel de 24 cm de diámetro, aproximadamente, e papel de forno.
- Forramos a base do molde co papel de forno e pechámos. Ten que quedar así:
- Quentamos un chisco a manteiga para que abrande.
- No triturador (ou vaso da batedora) botamos as bolachas, a manteiga e o leite, trituramos.
- Estendemos a pasta no fondo do molde, alisándoa cunha culler. Deste xeito aillaremos a base para que non saia o contido.
- Nunha pota quecemos a auga co café soluble, e engadimos a xelatina. Usamos ese líquido para derreter o chocolate, botándoo en anacos pequenos, a modiño. Deixamos arrefriar.
- Nun bol grande, batemos a nata co azucre ata que teña unha textura consistente.
- Batemos as claras de ovo ata que estean brancas.
- Engadimos o contido da pota no bol grande, tendo conta de que a nata non baixe: Para isto precisamos batelo a man cunhas variñas.
- Repetimos a operación cas claras. Se queredes botarlle o alcol, é o momento tamén 🙂
- Vertemos no molde e alisamos a masa cunha espátula ou coitelo longo.
- Gardámola no frigorífico durante 12 horas coma mínimo, para que calle.
- Antes de desmoldala, decoramos con améndoas lamindas ou cacao en po.
Que aproveite!
Pintaza! Como somos moi larpeiros, imos probar. E xenial ó ben que explicades as receitas
Pareceme que é doado de facer. As explicacións son xinxelas é os ingredentes doados de mercar. Grazas!