Poucas ensaladas publicamos nesta página, porque tampouco nos imos enganar, dá perguiza comelas. Pero o certo é que esta pasou o corte porque está deliciosa: a mestura de texturas e sabores presta moitísimo e ainda por riba, é saudabel.
Se querelles máis ideas de ensalada, visitada esta con mozzarela e abelás, ou se o que buscades son receitas de aguacate non-tan-lixeiras, esta de aguacate gratinados con ovo.
Ingredientes (para dúas racións)
100 de espinacas “baby”
Medio aguacate grande ou un pequeno
Unha mazá pequena, pelada
80 de queixo feta/do Cebreiro
Dúas culleres de aceite de oliva
Unha ou dúas culleres de vinagre de viño branco
Unha culleriña ben chea de paté de olivas
Dous beliscos de sal
Unha presa de pipas peladas e torradas
- Nun bol grande botamos as espinacas, máis o queixo, a mazanza e o aguacate cortados en anacos.
- Nun vaso pequeno botamos o pate de oliva, o aceite e o vinagre (eu prefiro zume de limón, isto vai ao gusto de cada quen) e remexemos ben ata que se mesture.
- Botamos a mestura no bol xunto co sal.
- Engadimos as pipas antes de servir, e listo!
Que aproveite!