Este verán aínda non usara moito a xeadeira, e andaba a darlle voltas a que sabores podía facer na casa. Lembrei que unha vez probara a combinación de lima e alfábega nunha xeadería e non podo estar máis contenta co … Ler máis
Etiqueta: sobremesa
Torta de mousse de chocolate e café
Velaiquí unha reecita para os ultra-larpeiros: unha deliciosa torta de mousse con chocolate derretido, nata batida e aroma de café e crema de augardente. Unha explosión de sabor que de seguro ha triunfar nas comidas familiares ou aniversarios!
Como é … Ler máis
Torta de mazá caramelizada
Hai dúas semanas estiven visitando Ferrolterra e quedei abraiada da cantidade de maceiras que había, e tamén das mazás que andaban polo chan sen que ninguén as recollese. Apañei un par de bolsas, e como aínda estaban un pouco verdes … Ler máis
Xeado de cereixa e chocolate negro
Hai tempo probara a facer xeado na casa porque alguén me dixera que se o fas de turrón de Xixona non cristaliza tanto e pódese facer a man. A verdade é que non queda mal, pero resulta un pouco graxo. … Ler máis
Pasteliños de noces e dátiles
Volvemos cos doces, pero desta vez a inspiración vén de Grecia e Turquía, nunha especie de baklava “feito na casa”. En realidade o baklava leva bastante máis traballo e sae un chisco distinto a esta receita, pero penso que ben … Ler máis