Que tal o comezo do verán? Para min moi apurado, teño moitas receitas na cabeza e pouco tempo para facelas… pero algunha cae, coma este queique de plátano que queda lene e húmido á vez, está delicioso! Hai tempo publiquei unha receita de banana bread, pero a verdade é que prefiro esta versión, a combinación de plátano e arandos é espectacular.
Se queredes máis doces veganos, botádelle un ollo a este queique de limón glaseado, ou a estas madalenas de avea e plátano. Coma sempre, calquera pregunta ou suxestión é benvida nos comentarios 🙂
3 plátanos maduros
200 gr de fariña integral
80 g de azucre
75 ml de aceite de xirasol
Un sobre de fermento químico
Dúas présas de arandos
Un pouco de fariña de todo uso
Unha culleriña rasa de canela
Un belisco de sal
- Prequecer o forno a 175º
- Esmagar os plátanos cun garfo nun bol grande.
- Engadir o aceite e o azucre, bater ata facer unha pasta homoxénea.
- Engadir a fariña aos poucos mentres seguimos a bater.
- Botar o sal, o fermento e a canela, bater e botar nun molde engraxado con aceite de xirasol.
Enfariñamos os srandos e colocámolos por riba
Cocer durante 20, se empeza a estar dourado, tapar con papel de aluminio.
Cocer 20m mais, ata que ao meter unha agulla saia seca.
Que aproveite!