Pizza de espelta con queixo Gorgonzola e pementos de piquillo

Qué tal? Ando moi desaparecida por aquí porque ademáis dunha mudanza e un cambio de traballo, publiquei co meu primeiro libro na Editorial Galaxia! É unha escolma de receita sinxelas, podédela mercar aquí, ou na vosa librería favorita!

Hoxe traemos unha pizza moi rica, e ben doada de facer. Eu usei espelta integral, pero podedes usar a normal ou cambiala por fariña triga. Se vos gustan as pizzas, mirade tamén esta receita con queixo do Cebreiro, ou esta con xamón e brócoli, perfecta para o inverno. Como o tema de masas levanta dúbidas, tendes un par de fotos ilustrativas ao final do post.

Se pola contra, o que queredes son receitas con espelta (tamén chamada trigo vermello), botádelle un ollo a estas galletas.

Ingredientes (para unha pizza grandeira, de 4-6 porcións)

Para a masa:

400 gr de fariña de espelta integral, máis un chisco para amasaren
Un sobre de fermento de panadeiro (5,5 gr)
Media culleriña de sal
250 ml de auga morna

125 gr de mozarella
125 ml de queixo gorgonzola
100gr de pementos de piquillo en tiras
3 ou culleres de mollo de tomate
Pementa negra ao gusto (opcional)

  1. Para facer a masa, mesturamos a fariña, o fermento e o sal nun bol grande
    Abrimos un oco no medio (coma se fose un volcán? E engadimos a metade da auga, mesturando a modo cunha culler de pau ou un accesorio de silicona. Repetimos a operacion e seguimos amasando dentro do bol durante 10min. A masa ten que quedar elástica e despegar da parede.
  2. Tapamos o bol cun pano de cociña e deixamos repousar nun sitio quentiño durante dúas horas. Se queredes preparala para o día seguinte, deixádea na neveira durante 12h.
  3. Prequecemos o forno arriba e abaixo a 190º.
  4. A masa doblará de tamaño, estendemos un pouco de fariña nun mesado, botamos a masa e amasamos 5 minutos. Para poñer a masa na bandexa do forno, é útil estendela nun papel de forno primeiro e trasladalo todo á bandexa.
  5. Botamos o mollo de tomate, repartimos os queixos cortados en anacos pequenos e as tiras de pemento escoadas.
  6. Cocemos durante 15-20 minutos, cando estea ben torradiña polas beiras sacámola e botamos a pementa negra antes de servir.

Que aproveite!

Masa amasada por 1ª vez
Masa despois de fermentar
Lista para comer!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *