Pizza “Cebreira”

Nun principio o nome da pizza ía ser “pizza con masa de millo, bonito, cebola e queixo do Cebreiro”, pero como non caibía, queda abreviado que soa mellor. Quen sabe se se algún día se converterá nun nome de uso común 😀

Como podedes ver nas fotos, o resultado é un pouco “focacciesco”, porque non estendín a masa dabondo e creceu demáis. Además, o queixo do Cebreiro non derrerta tan ben coma a mozarella, pero paga a pena polo sabor tan especial que le dá.

Isto das masas vai un pouco por gustos, se vos gusta a gordiña e suave facédela tal cal, se queredes algo máis fino e crocante, podedes ler uns consellos no blogue “Uno de dos”, grandes expertos neste tema. O do ourego dentro da masa vén de Kukinhas, que ten unha estupenda selección de pizzas, entre moitas outras receitas. A mín gustame o efecto estético, pero podédelo poñer co queixo, quedará un sabor máis intenso.

Ingredientes (para unha pizza grandona)

100 gr. de fariña milla

100 gr. de Maizena

100 gr. de fariña de forza (a que venden na panadería)

200 ml. de auga morna

12 gr. de lévedo fresco

1 culler de aceite de oliva virxe + un chisco para o final

3 culleriñas de pasta de tomate concentrada (pódese substituir por tomate fritido)

180 gr. de queixo do Cebreiro

1 lata de ventresca de bonito

1/2 cebola morada

1 culleriña de ourego

Aceite de oliva virxe ao gusto

Sal

  1. Nun bol, mesturamos todas as fariñas cun media culleriña de sal e o ourego, remexemos.
  2. Botamos a metade da auga morna nun vaso e derretemos o lévedo dentro.
  3. Engadimos a auga (a do lévedo e a outra) a modiño mentres remexemos. Botamos tamén a culler de aceite e seguimos remexendo ata que a masa case non quede pegada ás mans.prep1
  4. Facemos unha bola, metémola no bol, tapámolo cun pano e dexamos repousar 2 horas. Se vai frío, deixádeo máis tempo. Este é o aspecto despois de pinchalo un poucoprep2
  5. Sacamos a masa do mol e amasamos un par de minutos.
  6. Colocamos papel de forno nunha bandexa e esparexemos un pouco de fariña milla, para que non quede pegado. Estendemos a masa todo o que poidamos.prep3
  7. Prequentamos o forno a 180º pola parte de abaixo.
  8. Untamos a pasta de tomate, engadimo o queixo esfarelado, o bonito e maila cebola en rodas. Rematamos botando un pouco de aceite e sal.
  9. Cocemos na segunda balda do forno (empezando por abaixo) durante 15-20 minutos.
  10. Acendemos o forno pola parte de arriba tamén, subimos a bandexa dúas baldas e deixamos 5 ou 10 minutos máis.Pizza "Cebreira", con queixo de Cebreiro

E vós? Anivádesvos a facer pizza na casa?

Que aproveite!

Pizza "Cebreira", con queixo do Cebreiro

2 comentarios en “Pizza “Cebreira””

  1. Milleiros de grazas pola mención 😉 A ver se axiña consigo un queixo do cebreiro para probar esta pizza, que ten moi boa pinta 😀 E a masa nin che conto, co qu e me gusta a min a fariña milla!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *