Pasta con allo, anchoas e tomates cherry

Que perguiza voltar á rutina, eh? Para ir facendo algo sinxelo e ben prestoso, esta vez traemos unha receita de pasta sinxela e saborosa, con poucos ingredientes e rápida de facer. Que máis se pode pedir?

Nota: as anchoas mellor que sexan de calidade, xa que con tan poucos ingredientes vai destacas moito o seu sabor. Os tomates cherry, que estean ben maduros, así terá un sabor máis intenso!

Ingredientes (2 racións):
170 gr de pasta curta ou espaguetes
10-12 tomatiños cherry
2 dentes de allo
Unha lata de 50 gr de anchoas
Un chisco de parmesano ou grana padano relado
Pementa negra moída (opcional)

  • Poñemos a auga para cocer a pasta segundo as instruccións do fabricante
  • Botamos o aceite da lata nunha tixola e quecémolo a lume medio
  • Pelamos e cortamos o allo en anacos pequenos, botàmolo na tixola.
  • Corramos os tomates cherry pola metade e botámolos na tixola. Remexemos o contido e esmagamos un pouco os tomates, cocemos 10 minutos máis
  • Corramos as anchoas en anacos de 1-2 cm
  • Cando a pasta estea lista, escoámola, botamos o contido da tixola e as anchoas, remexemos para mesturalo todo.
  • Servimos nos pratos, engadindo o queixo e a pementa.

Que aproveite!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *