Mega-galleta de noces

Agora que vai frío e za esquecemos as enchentas de Nadal, toca unha larpeirada perfecta para facer un domingo pola tarde e ter doce para toda a semana. Como é tan doada, é ideal para facer cos cativos, que de seguro han disfrutar facéndoa e sobre todo, rachándoa logo para comela 🙂

Se sodes tan fans das galletas caseiras coma min, pode que vos interese a receita destas cookies de chocolate, ou de  pexego e noces de Macadamia. Ou de manteiga e vainilla. En todo caso, hai unha sección adicada a elas, só tendes que premer nesta ligazón. PD: Quero aproveitar para darlle as grazas á miña nai pola receita, e por facer a mostra que vedes nas fotos!

Ingredientes (para unha galleta do tamaño dunha bandexa pequena)

200 gr. de fariña (de trigo, normal)

200 gr. de azucre

200 gr. de manteiga

2 ovos

1 culleriña de fermento químico (tipo Royal)

Unha taza de noces peladas e picadas, (pero non moídas!)

Un belisco de sal

  1. Deixamos a manteiga a a temperatura ambiente e mesturámola co azucre.
  2. Engadimos os ovos enteiros, sen batilos antes. Remexemos cun garfo durante 1 minuto.
  3. Engadimos a fariña mesturada ca levadura e batimos un pouco máis co garfo. Por último, engadimos as noces-
  4. Prequecemos o forno a 180º, por arriba e por abaixo.
  5. Colocamos papel de prata, ou de forno, sobre unha bandexa negra de forno.
  6. Estedemos a masa coa axuda dunha culler, tendo conta para que non quede moi pegada aos bordes.
  7. Cocemos no forno a altura media, se torra moito por riba, baixamos a temperatura a 150º.
  8. Cando estea ben dourado por riba, sacámolo do forno e deixamos arrefriar nun mesado.
  9. Imos collendo anacos segundo apeteza.

Que aproveite!

galleta-noces

galleta-noces-2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *