Macarróns ao forno con queixo – Mac’n’cheese

Esta é unha receita moi típica nos EEUU e Canada, tan típica que ata a venden feita en sobres para levar de camping ou facer de emerxencia un día de resaca. Coma todas a receitas populares, ten moitísimas versións: con bechamel, con manteiga ao final, con ou sen costra por riba, no forno ou na tixola… Eu fixen unha adaptación desta de The Guardian, porque gustei do toque da mostaza e porro.

Hai tempo que publiquei outra receita de pasta ao forno, típica de Sicilia. Botádelle un ollo porque tamén estaba deliciosa, e pode solucionarvos unha comida de domingo 😉

Ingredientes (para 3/4 racións)

150 gr. de pasta con cavidades: mellor usar tiburóns

225 ml. de nata para bater (35% MG)

125 ml. de leite gordo

125 ml. de mozzarella (da relada en sobres)

90 gr. de queixo parmesán relado

40 gr. de queixo Emmental ou Gruyère

40 gr. de pan relado, ou Panko

1 culleriña chea de mostaza de Dijon

1 porro grande

15 gr. de manteiga

Sal e pementa negra

  1. Cocemos a pasta segundo as instruccións do fabricante para que quede “al dente”
  2. Mentres,  poñemos nun bol grande a nata, o leite, a metade da mozzarella, a metade do queixo parmesán e a mostaza. Remexemos ben.
  3. Cando a pasta estea fría, botámola no bol e deixamos repousar 2 horas, aproximadamente.
  4. Mentres, cortamos o porro en rodas moi finas, e fritímolo a lume medio na manteiga con ben de sal e pementa ata quede un pouco dourado e transparente. Engadímolo ao bol, aos poucos, e remexemos.
  5. Mesturamos o resto do parmesán co pan relado.
  6. Prequecemos o forno a 200º.
  7. Botamos o resto do queixo na mestura e colocámola a nunha bandexa de forno. Cubrimos ca mestura do paso 5 e cocemos durante 20-25 minutos, ata que doure e teña burbullas saíndo por riba.

Que aproveite!

maccheese3

maccheese4

maccheese5

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *