A manteiga de cacahué é un deses alimentos que teñen moi mala fama polo contido en graxa que teñen, pero que usada en cantidades pequenas dalle un sabor moi especial aos pratos. Aparte de usala para untar torradas ou comela a culleradas, serve para facer prebes tipo asiático (usase moito en Indonesia e Tailandia) ou estas deliciosas galletas, que de seguro triunfarán cos máis cativos.
PD: Xa sei que a normativa di que é “cacahuete”, pero a min soame moito mellor o de cachué. É se a persoa di “as cacahués aínda mellor. Cousas de cada un.
Ingredientes:
200 gr de azucre, moreno a poder ser
110 gr. de manteiga temperada
130 gr. de manteiga de cacaué
1 ovo grandeiro
Media culleriña de extracto de vainilla
180 gr. de fariña
Media culleriña de bicarbonáto sódico
Media culleriña de sal
Azucre glass, chips de chocolate ou cacahués moídos para a cobertura
- Nun bol mesturamos a manteiga temperada, a de cacahué e o azucre. Batemos cunha batedora de variñas, ou con dous garfos, ata que teña unha textura lixeira.
- Engadimos o ovo e mailo extracto de vainilla e seguimos batendo.
- Botámoslle a fariña o sal e o bicarbonato, batemos todo.
- Tapamos o bol con film transparente e deixámolo repousar no frigorífico a lo menos unha hora. Pódese deixar toda a noite, por se tendes outras cousas que facer.
- Prequentamos o forno a 170º e poñemos papel de forno na bandexa lisa.
- Facemos boliñas do tamaño dunha noz, (teñen que quedar ben redondas) colocámolas a 5 cm unhas doutras (hanse expandir moito, así evitamos que queden pegadas) e esmagámolas un pouco cun garfo. Botámoslle a nosa cobertura favorita e cocemos no forno durante 10-12 min. pero non máis porque se non han quedar secas.
- Retirámolas e deixamos arrefriar para que queden crocantes por fóra.
- Hai que comelas preferentemente no mesmo día, porque se nón collerán humidade. Se queredes que duren uns días máis, gardádeas nun recipiente hermético.
Que aproveite!
Xa teño a desculpa perfecta para mercar manteiga de cacahué 😉
Está xenial! Un consello, se a compras nas tendas de comida asiática, sae moito máis barata
Un saúdo 🙂