Ensalada de outono

A segunda ensalada da historia do blog! Esta combinación probeina hai pouco e a verdade é que me convenceu totalmente! Coma case todas as ensaladas, admite variacións: os figos poden ser frescos ou pasos, o queixo pode ser de tetilla (ou de San Simón, se lle queredes dar un toque afumado), e as abelás torradas pódense cambiar por améndoas en láminas ou noces. O que vos vaia mellor 😉

Ingredientes (para dúas racións)

Unha bolsa de leituga tipo “folla de carballo”

Unha bola de queixo mozzarella

4 ou figos

Unha presa de abelás

Unha culler de vinagre de Módena ou de Xerez

Dúas culleres de aceite de oliva virxe

Unha culleriña de mel

Sal

  1. Poñemos a leituga nun bol.
  2. Cortamos a mozzarella en rodas ou dadiños, os figos en cuartos, engadímolos á leituga, xunto cas abelás.
  3. Mesturamos o vinagre co mel ata que sexa un líquido homoxeneo.
  4. Engadimos a mestura do paso 3, o aceite e o sal.

Servimos cun pouco de pan, e se queredes, unhas lonchas de xamón, delicioso!

Un comentario en “Ensalada de outono”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *