Crema de ovo

A receita de hoxe é un clásico en moitos fogares e restaurantes de España: a medio camiño entre a crema pasteleira e o flan, a crema de ovo (coñecida pola maioría da xente coma natillas) é unha sobremesa moi saborosa e dixestiva, aporta moitas calorías para estes días de inverno e o ingredientes son ben doados de atopar 😉

Podedes cambiar as ramas de vainilla por unha de canela, e experimentar ca decoración: no canto de galletas eu usei biscoitos saboianos (ou de soletilla) pero teño pendente probar con cacao en po, noces moídas… e se tivese un soprete, tería feito crema catalá! Pero iso queda xa para outra vez…

Ingredientes (para 8 racións)

800 ml. de leite enteiro

8 xemas de ovo

300 gr. de azucre

3 culleres de Maizena

2 ramas de vainilla

Un belisco de sal

Canela e galletas para decorar

 

  1. Botamos o leite cas ramas de vainilla nunha pota. Quecemos ata ferver e retiramos do lume e deixamos arrefriar.
  2. Nunha pota máis grande batemos as xemas de ovo, a Maizena, o sal e o azucre ata facer unha pasta. Poñemola a cocer a lume medio.
  3. Retiramos as ramas de vainilla e botamos o leite a modiño na pota do paso dous, sen deixar de remexer.
  4. Cando a crema acade unha textura espesa, apagamos o lume e deixamos repousar un par de minutos.
  5. Colocamos a crema nos recipientes e deixamos arrefriar a temperatura ambiente.
  6. Servimos os vasos (ou cuncas) decorados con canela en po e unha galleta.

crema-de-ovo3 crema-de-ovo2 crema-de-ovo1

Un comentario en “Crema de ovo”

  1. Tes que mercar o soprete! Hainos ben baratos deses pequenos para cociñar, e van moi ben. A crema de ovo unha pinta xenial, e cun chisco de azucre torrado nin che conto 😉

Deixa una resposta a Kukinhas Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *