cous-cous

Cous cous con polo e verduras

Cando comecei a cociñar máis “en serio” o que facía era apuntar unha receita, comprar tódolos ingredientes e facela. Ao final sempre sobraba algo e co tempo aprendín a improvisar receitas con ingredientes soltos, que resulta moito máis proveitoso.

Esta receita xurdiu para aproveitar carne de polo e un tomate, ao que lle engadín porro cortado, e tamén patacas fritidas para un efecto döner kebab 😀 A verdade é que é unha receita moi fácil e queda moi boa.

En Marrocos o xeito tradicional de presentar o cous cous é facendo unha piramide e colocando o resto do prato arredor. Probei a moldealo cun molde de repostería de silicona, de aí que lle quedasen eses furaquiños. Tamén se pode facer media esfera cunha cunca grande, igual que o arroz tapado.

Ingredientes (para dúas racións)

250 gr. de cous cous

250 ml. de caldo de polo

1 filete grande de peituga de polo

1 porro

1 tomate pequeno

1 pataca pequena

1 culler de manteiga

Un chisco de aneto

3 culleres de aceite de oliva

Sal e pementa

  1. Poñemos a unha tixola ao lume cunha culler de aceite de oliva.
  2. Cortamos o porro en rodas finas e botámolo na tixola. Dourámolo a lume medio. Cortamos o tomate en dados e engadímolo á tixola.
  3. Pelamos e cortamos a pataca en láminas moi finas. Apartamos a verdura a un lado da tixola, botamos dúas culleres de aceite no outro, e cando estea quente, douramos as patacas (teñen que estar cortadas moi finas).prep1
  4. Cortamos o polo en anacos pequenos, botámoslle o sal e a pementa e pasámolo pola tixola co resto dos ingredientes. Cando estea cocido, retiramos todo a un prato.prep2
  5. Sen lavar a tixola (para aproveitar o sabor) poñemos o caldo de polo a ferver. Cando estea, retirámos a tixola do lume e botamos o cous cous ca manteiga e o aneto. Remexemos un chisco e deixamos estar 3 minutos, ata que dobre o seu tamaño.
  6. Nun bol ou molde facemos una forma co cous cous. Colocámola no centro dun prato e decoramos co rustrido arredor.couscous1

Que aproveite!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *