Que tomar para aliviar a resaca

Fuches polo vento e volvihes polo aire? Chegan as festas, e con elas as paparotas polo día e pola noite, o saír pola noite…e beber demáis. Aínda que a xente lévaa experimentando milleiros de anos, aínda non ten cura exacta (igual cas maniotas!) pero si se pode paliar bastante seguindo estes consellos:

Antes de beber

O truco de toda a vida de comer moito funciona, e se leva graxa, aínda mellor. A graxa formará unha película nas paredes do estómago e fará que o corpo absorba o alcol máis lentamente.

Ao beberen

Tomar auga de cando en vez vai ben para ir hidratando o corpo, xa que o alcol é diurético (o de ir mexar tantas veces é por iso) e cando no corpo non atope auga de por si, vaina coller dos miolos, entre outros órganos. Iso é o que fai que teñamos unha horrible dor de cabeza ao día seguinte. E moita sede, así que lembrade beber auga.

Ao día seguinte

O importante é hidratar o corpo e darlle pouco traballo ao estómago, que xa estará ardoroso da noite anterior. Velaiquí tendes unha selección de comidas e bebidas axeitadas para tan delicado día:

  • Auga ou bebidas isotónicas, polo mesmo que o punto 2: eses miolos precisan hidratación.
  • Pan ou torradas: fácil de dixerir, proporciona carbohidratos que lle dan enerxía ao corpo.
  • Ovos: o mesmo  que o pan, pero con proteínas, se o tomades xunto, mellor.
  • Un caldiño de polo con fideos.
  • Froita, pero que non sexa aceda.
  • Café: axuda a espertar e a quitar  dor de cabeza, pero tamén é diurético, así que mellor acompañalo con auga.
  • Aspirina ou ibuprofeno, logo de comer. O paracetamol mellor evitalo, como explican neste artigo (tamén sobre remedios á resaca) a boa xente das Mir e unha noites.

Outras cousas que axudan son ducharse con auga fría, sair tomar un pouco o ar e non comer picante, nen cousas con moita graxa.

Hangover_59f50b_2477497

E vós, tendes algún truco para a resaca? Se é así, partilladeo nos comentarios ou no Twitter.

Boas festas!

PD: a ilustración do post é de Patrick Leger, a do gato non ten autor coñecido.

5 comentarios en “Que tomar para aliviar a resaca”

Deixa una resposta a xamon Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *