Os limóns son orixinarios de Asia, e aínda que eran coñecidos por gregos e romanos, a súa expansión pola península ibérica produciuse durante a dominación árabe. Unha das froitas máis utéis para condimentar pratos doces e salgados, ten moitos máis usos: velaiquí algúns deles 😉
- O zume de limón é un antiseptico, se queredes lavar ben as verduras sumerxídeas nun bol con auga e zume de limón, despois aclarádeas con auga da billa. Tamén serve para desinfectar feridas pequenas, se aguantades a dor…
- Se xuntades limóns con craveiras da India teredes un poderoso desodorante para o frigorífico: cortade os limós en dous e pinchade 5 ou 6 craveiras en cada metade: o cheiro reseso tan típico das neveiras desaparecerá.
- Podedes usar o zume de limón como abrillantador de lavalouzas: máis barato, e máis ecolóxico!
- Tamén o podedes empregar para rebaixar o sabor das cebolas crúas: Cortádeas en láminas en deixádeas repousar con zume de limón durante 15 ou 20 minutos. E xa non pican!
- Se polo que sexa non precisades moito zume e non queredes cortar o limón porque ha secar, podedes chunchalo mediante unha agulla de calcetar: simplemente pinchade nunha punta do limón e premede ata que saia o zume.
E vós, coñecedes máis trucos con esta marabillosa froita? Escríbideos nos comentarios, ou no Twitter!
Un comentario en “Cinco trucos para facer cun limón”