Cinco sitios onde comer en Ourense

Como din por aí, non están todos os que son, pero son todos os que están. Velaiquí unha escolma dos meus restaurantes favoritos da miña cidade: Procurei que sexan todos do centro por temas prácticos pero se hai demanda outro día fágoo dos arredores. Non tiven en conta as franquicias, e van ordenados de máis barato a máis caro, para que vos sexa máis doado escoller onde papar na cidade das Burgas:

  • Solinas (Rúa Greco, O Couto): un clásico entre a rapazada ourensá polos seus prezos populares, coñecido polas súas hamburguesas e pola mala hostia do servicio. Podedes comer unha hambuerguesa ou bocadillo e  por 6€. Recoméndovos o bocadillo de xamón asado, e tamén que pidades o adubo “salsa Solinas”. Se tendes sorte podedes presenciar un arrouto do cociñeiro, tipo “Os vais ir comer hamburguesas a casa de Cristo!”. Avisados estades.
  • La Romántica (Rúa Curros Enriquez 43, case no barrio das Lagoas): outro dos restaurantes coñecidos pola abundancia das súas racións, La Romántica é tan popular que se non ides cedo haberá unha cola considerable. O seu prato máis coñecido é a lasaña (seica o cociñeiro aprendeu a receita cando estaba emigrado en Suíza, no cantón italiano). Tamén é moi recomendable a carne, se non tendes moita fame pedide medias racións. Os doces non son destacables AGÁS o flan caseiro, que está boísimo. Adoitan convidar ao café, o normal é gastar 12-15€, se pedides viño.
  • Cocotte Café Bistro (Rúa Doutor Temes 20, As Lagoas): unha das recentes incorporacións á hostalería ourensá, que está collendo unha merecida fama. Ten menús para xantar e cear, os prezos oscilan entre os 9€ do mediodía aos 12-15€ da cea, dependendo das opcións que elixades. Todo o que probei alí está boísimo, destaco as costelas adobadas, os pratos gregos (a moussaka está riquísima) e as sobremesas, estupendas. O servicio é moi amable e atento.cocotte1
  • Vila Real (Rúa Vila Real, 7, O Couto): relación calidade prezo/excelente e un servicio de 10. Encántame ir ao Vilareal porque adoita estar tranquilo e todo o que fan está riquísimo. A súa carta inclúe escolmas de embutidos, pasta, peixe e carne e sempre hai pratos do día que paga a pena probar. A destacar tamén a súa carta de viños. Eu estou namorada das súas sobremesas de tamaño xigante (mellor pedir para compartir), especialmente do sorbete de mojito, a mousse de chocolate e o flan de améndoas.
  • Nova (Rua Valle Inclán 5, centro) O  único restaurante de Ourense cunha estrela Michelín, o Nova é un sitio que nunca deixo de recomendar porque é unha experencia incrible. O local é súper tranquilo (e céntrico!), o servizo impecable e a comida, excelente. Teñen tres menús, eu só probei o curto, e aínda así quedei chea. Por 29€ dan dous entrantes, un prato con ovo, peixe e carne (ver fotos de abaixo), dúas sobremesas e petit-fours. O único é que é un menú pechado, así poden ofrecer ese precio tan asequible. Un sitio para ir con amigos e familia a desfrutar sen parar!

nova1nova2

Coñeces algún sitio máis en Ourense que queiras recomendar? Escríbeo nos comentarios, ou no Twitter: @queroxamon

PD: A foto que ilustra o artigo é de turismo de Ourense, mais non estou patrocinada por eles, esta foi inha iniciativa propia 😀

 

12 comentarios en “Cinco sitios onde comer en Ourense”

    1. Ola Adriana!
      Todas as fotos están feitas por min, agás a de turismo de Ourense. Siempre que podo poño o autor/a, se non di nada e que son “propias”

      Un saúdo

  1. LA RÚSTICA, situado en OIRA PLAYA, de nueva apertura,platos variados,.especialmente los jueves con su exquisito y abundante cocido, pan, bebida , café o postre por 10€.Churrasco mixto, bacalao a la portuguesa etc .Viernes tarde noche conciertos en directo, etc Servicio y trató especial Os lo recomiendo

  2. Qué boa pinta!! Non vou moito a Ourense (son de Vigo), pero tal e como describes cada restaurante, creo que merece a pena unha viaxe só para probar a comida! E que ademáis en Galicia, a relación calidade prezo é boísima…

    Anótome as túas recomendacións para a próxima volta á miña terra! 🙂

    1. Ola Eva! Claro que si! O mellor é ir ás termas a facer fame, e despois ir de paparota 🙂 Un saúdo

  3. Grazas polos consellos.

    Probarei algunha das túas recomendacións que aínda non coñezo, mais boto en falta que cites A Taberna, para min, un imprescindíbel na súa categoría (e non me patrocina, que conste 😉

    http://www.ataberna.com/

    1. Ola Pepe! Non es o primeiro en recomendalo, a verdade é que non o coñecía, pero heino probar, ten moi boa pinta! Un saúdo!

Deixa una resposta a xamon Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *