Como din por aí, non están todos os que son, pero son todos os que están. Velaiquí unha escolma dos meus restaurantes favoritos da miña cidade: Procurei que sexan todos do centro por temas prácticos pero se hai demanda outro día fágoo dos arredores. Non tiven en conta as franquicias, e van ordenados de máis barato a máis caro, para que vos sexa máis doado escoller onde papar na cidade das Burgas:
- Solinas (Rúa Greco, O Couto): un clásico entre a rapazada ourensá polos seus prezos populares, coñecido polas súas hamburguesas e pola mala hostia do servicio. Podedes comer unha hambuerguesa ou bocadillo e por 6€. Recoméndovos o bocadillo de xamón asado, e tamén que pidades o adubo “salsa Solinas”. Se tendes sorte podedes presenciar un arrouto do cociñeiro, tipo “Os vais ir comer hamburguesas a casa de Cristo!”. Avisados estades.
- La Romántica (Rúa Curros Enriquez 43, case no barrio das Lagoas): outro dos restaurantes coñecidos pola abundancia das súas racións, La Romántica é tan popular que se non ides cedo haberá unha cola considerable. O seu prato máis coñecido é a lasaña (seica o cociñeiro aprendeu a receita cando estaba emigrado en Suíza, no cantón italiano). Tamén é moi recomendable a carne, se non tendes moita fame pedide medias racións. Os doces non son destacables AGÁS o flan caseiro, que está boísimo. Adoitan convidar ao café, o normal é gastar 12-15€, se pedides viño.
- Cocotte Café Bistro (Rúa Doutor Temes 20, As Lagoas): unha das recentes incorporacións á hostalería ourensá, que está collendo unha merecida fama. Ten menús para xantar e cear, os prezos oscilan entre os 9€ do mediodía aos 12-15€ da cea, dependendo das opcións que elixades. Todo o que probei alí está boísimo, destaco as costelas adobadas, os pratos gregos (a moussaka está riquísima) e as sobremesas, estupendas. O servicio é moi amable e atento.
- Vila Real (Rúa Vila Real, 7, O Couto): relación calidade prezo/excelente e un servicio de 10. Encántame ir ao Vilareal porque adoita estar tranquilo e todo o que fan está riquísimo. A súa carta inclúe escolmas de embutidos, pasta, peixe e carne e sempre hai pratos do día que paga a pena probar. A destacar tamén a súa carta de viños. Eu estou namorada das súas sobremesas de tamaño xigante (mellor pedir para compartir), especialmente do sorbete de mojito, a mousse de chocolate e o flan de améndoas.
- Nova (Rua Valle Inclán 5, centro) O único restaurante de Ourense cunha estrela Michelín, o Nova é un sitio que nunca deixo de recomendar porque é unha experencia incrible. O local é súper tranquilo (e céntrico!), o servizo impecable e a comida, excelente. Teñen tres menús, eu só probei o curto, e aínda así quedei chea. Por 29€ dan dous entrantes, un prato con ovo, peixe e carne (ver fotos de abaixo), dúas sobremesas e petit-fours. O único é que é un menú pechado, así poden ofrecer ese precio tan asequible. Un sitio para ir con amigos e familia a desfrutar sen parar!
Coñeces algún sitio máis en Ourense que queiras recomendar? Escríbeo nos comentarios, ou no Twitter: @queroxamon
PD: A foto que ilustra o artigo é de turismo de Ourense, mais non estou patrocinada por eles, esta foi inha iniciativa propia 😀
Tapa negra en los vinos
deberíais de hacer referencia a los autores de vuestras fotos…
Ola Adriana!
Todas as fotos están feitas por min, agás a de turismo de Ourense. Siempre que podo poño o autor/a, se non di nada e que son “propias”
Un saúdo
lo siento lo acabo de ver
LA RÚSTICA, situado en OIRA PLAYA, de nueva apertura,platos variados,.especialmente los jueves con su exquisito y abundante cocido, pan, bebida , café o postre por 10€.Churrasco mixto, bacalao a la portuguesa etc .Viernes tarde noche conciertos en directo, etc Servicio y trató especial Os lo recomiendo
Ñan Ñan. Avd. Zamora frente a gasolinera Pérez Rumbao….
Muy, muy bien
Qué boa pinta!! Non vou moito a Ourense (son de Vigo), pero tal e como describes cada restaurante, creo que merece a pena unha viaxe só para probar a comida! E que ademáis en Galicia, a relación calidade prezo é boísima…
Anótome as túas recomendacións para a próxima volta á miña terra! 🙂
Ola Eva! Claro que si! O mellor é ir ás termas a facer fame, e despois ir de paparota 🙂 Un saúdo
Grazas polos consellos.
Probarei algunha das túas recomendacións que aínda non coñezo, mais boto en falta que cites A Taberna, para min, un imprescindíbel na súa categoría (e non me patrocina, que conste 😉
http://www.ataberna.com/
Ola Pepe! Non es o primeiro en recomendalo, a verdade é que non o coñecía, pero heino probar, ten moi boa pinta! Un saúdo!
Home, eu a Rúa Greco, centro centro… Non lle chamaría precisamente, mais ben ó contrario XD.
Ola Lu! Pon que está no Couto, penso que liches o seguinte restaurante. Un saúdo!