Cinco cousas que se poden facer ca nébeda

Esta herba tan esquecida foi nun tempo un condimento moi utilizado nas Rías Baixas. O seu nome científico é calamina nepeta. É moi doada de atopar, medra a carón dos muros, en eiras abandoadas, etc. É común en case todas as zonas húmidas galegas.

ACLARACIÓN: é común a confusión entre a herba gateira (nepeta cataria), que é coñecida sobre todo polo efecto que tén nos gatos: ao comer as follas e flores (cousa que moitos fan devecidos) volvense máis agarimosos e se toman moita comezan a tolear, dando voltas e cazando ratos que non existen.

A nébeda ten un sabor e aroma semellante á menta, mesturado cun pouco de anís. Velaiquí tendes cinco propostas, pero non teñades medo a experimentar, que nas persoas non ten efectos secundarios!

  1. Usala co fiúncho para cocer e aromatizar as castañas.
  2. Facer bolos de pote (petotes) para o cocido, coma nesta receita de La cocina de mi abuelo.
  3. Aromatizar o peixe ao forno ou a carne (engadila aos guisos ou na carne da hamburguesa).
  4. Metela las masas doces e salgadas. Filloas, pan, galletas ou biscoitos poden beneficiarse do aroma desta pranta.
  5. Facer infusións ou aromatizar augardente.

Coñecedes algún uso máis? Tendes nébeda na casa? Seguro que non tendes que ir lonxe para atopala.

PD: Investigando para o artigo din con este completo artigo de Jorge Guitián no seu blog. Se queredes saber máis, non dubidedes en pasarvos por alí 😉

nebeda_2

6 comentarios en “Cinco cousas que se poden facer ca nébeda”

  1. Ben que puxo “humáns” entre vírgulas, tal vez para descatar a barbaridade da tendencia que temos de comer moitas letras das palabras? Por tanto, HUMANOS/AS é o correcto.
    Por outra parte, as nébodas, que así lle chamamos na miña terra ainda se usan nos bolos do pote, no anís das herbas (marabilloso para curar a dor de estómago, apenas nos maiores de 18 segundo a lei) e outros usos que agora xa non lembro.
    Só é cuestión de preguntar aos mais vellos da familia ou veciños e seguro que atopamos mais usos.

    1. Ola! que bo o do anís. O de humáns é porque me parecía gracioso, as persoas tamén comemos herbas! 😀 Graciñas pola corrección, un saúdo!

  2. Pra min que a que se usaba para facer as vinchas e na cociña era a nebeda, “calamintha nepeta” non a dos gatos “nepeta cataria”

    1. Ola J! Eu son son experta en herbas, pero polo que teño entendido a nébeda é o nome que se lle dá a distintas prantas da mesma familia, dependendo da zona. Esta foto é da Baixa Limia e unha muller de Pontevedra recoñeceuna coma a de cociñar. Terei que preguntar se é a mesma dos gatos. Un saúdo

  3. A que se usa en cociña è a calamina nepeta, e nos bandullos tamen se usan, sobre todo no bandullo de Ons, no Grove tamen se usa nas filloas de sangue. Na costa das Rías Baixas nos guisos de peixe.

    1. Ola Rocío! Moitas grazas polo comentario, vou engadir a aclaración. Tiña dúbidas pero xa sodes dous os que mo dicides. Un saúdo!!

Deixa una resposta a j Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *