As chulas son un dos xeitos máis saborosos de aproveitar sobras ou comida da que non temos moita cantidade. Estas son especialmente doadas de facer, e moi lixeiras!
Se queredes máis receitas con cabaciñas, (que cada vez están presentes en máis hortas do país), velaiquí tendes unha receita de pasta con cabaciñas, ou esta gorentosa coca con salchichas. Kukinhas moitas receitas con elas, a mín gustoume especialmente esta para facer unha torta salgada de cabaciñas.
Ingredientes (para 6-8 chulas grandes)
650 gr. de cabaciñas
85 gr. de fariña de trigo
Unha cebola tenra (ca parte blanca e a verde)
2 ovos
2 culleres de queixo parmesán relado (opcional)
Crema agria para decoraren (opcional)
Aceite de oliva ou de xirasol
Sal e pementa negra ao gusto
- Lavamos e relamos a cabaciña nos ocos grandes do relador. Botámola nun escoados por riba dun bol con dous beliscos de sal, remexemos e deixamos repousar 10 minutos.
- Escoamos a cabaciñas cas mans, apretando para que saia líquido.
- Tiramos o líquido do bol e batemos os ovos cun chisco de pementa negra e sal. Neste punto podedes engadir o queixo parmensán.
- Botamos a cabaciña, a cebola cortada moi finiña e a fariña, mesturamos ben para que non queden grumos.
- Preparamos a tixola co aceite (a cantidade dependerá do graxosas que as queirades, pero con 4 ou 5 culleres en total é dabondo).
- Facemos as chulas poñendo 3 culleres (das grandes, as de sopa) da masa e aplastando, tendo conta de deixar espacio entre elas. Deixamolas facer 2 ou 3 minutos por cada cara, ata que estean ben douradas.
- Botámolas nun prato cuberto de papel de cociña, engadímoslle un pouco de sal por riba e servímolas quentiñas, con ou sen crema agria.
Que aproveite!
E a cebola cando se engade?
Ola Nuria! é verdade, quedaba fóra! Está corrixido, no paso 4. Saúdos
Por fin!! Unha receita en galego!!! E saborosa!!!
Ola Maite! Graciñas polo comentario 🙂 Hai uns cantos blogues de cociña en galego, e ben bos! Bótalle un ollo a Kukinhas , Bolboretas no bandullo , , As pequenas viaxes ou rel=”nofollow”>A casa das receitas
Un saúdo!