Despois dun pequeno retraso (estas semanas xuntaseme moito traballo, e teño menos tempo para actualizar do que me gustaría), voltamos cunha sobremesa moi xeitosa: cheesecake con marmelada de nísperos! En realidade pode ser de calquera sabor, os máis parecidos a este serían a marmelada de ameixa ou a de albaricoque, pero se vos gusta experimentar, probade con laranxa amarga, ou cenoura, seguro que está boísima.
O queixo crema que useo foi o Philadelphia, pero podedes usar outro tipo, coma o mascarpone. Nas fotos a base sae un chisco esfarelada porque só estivo no frigorífico 6 horas, se a deixades toda a noite, evitaredes ese problema. Se queredes ver máis doces sen forno, pasádevos por esta receita de mousse de manga, ou esta torta de mousse de chocolate e café!
Ingredientes (para 8-10 racións, un molde de 24 cm de diámetro)
300 gr. de queixo crema
250 gr. de marmelada
200 ml de nata de bater (35% MG)
100 gr. de azucre
Zume de dous limóns
3 follas (ou medio sobre) de xelatina neutra
Para a base
200 gr de galletas tipo Dixestive
85 gr. de manteiga tépeda
50 gr. de améndoa moída
- Nunha trituradora, ou a man, picamos as galletas moi finiñas, mesturámolas ca améndoa e a manteiga.
- Colocamos papel de forno no molde desmontable e estendemos a masa do paso 1, apretando cunha culler ata que quede unha superficie lisiña. Gardamos no frigorífico.
- Disolvemos a xelatina en 60 ml de auga.
- Nunha tixola botamos dúas culleres de marmelada, a xelatina (se son láminas quitádelle a auga) e o zume de limón. Quecemos a lume alto ata que ferva, apagamos e deixamos arrefriar.
- Nun bol grande batemos a nata, tendo conta que non monte de todo, interésanos que quede un pouco solta.
- Noutro bol, mesturamos o queixo crema co contido da tixola. Remexemos a modiño ata formaren unha masa homoxenea.
- Engadimos a nata en dúas ou tres quendas, mentres batemos cunhas variñas.
- Sacamos o molde do frigorífico e estendemos o contido do bol alisándoo cunha culler por riba.
- Deixamos repousar a lo menos 8 h.
- Estendemos o resto da mermelada, e xa está listo para servir.
Que aproveite!